debug-bar
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114machete
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 611408/05/2019
EspazoCoop dá continuidade ao Programa de Formación Especializada destinado prioritariamente para as cooperativas socias (gratuíto), tamén para outras cooperativas e organizacións de economía social.
Trátase dunha formación modular orientada a persoas con responsabilidades directivas e xerenciais, en temáticas de xestión empresarial, liderado ou innovación entre outras máis.
Iniciou en xuño de 2018 co primeiro dos módulos ‘Ferramentas para a Innovación: design thinking’, en outubro de 2018 celebrouse o segundo módulo ‘Direción e Xestión Financeira nas Cooperativas’, en febreiro de 2019 impartiuse o terceiro ‘Liderado Cooperativo e Xestión de Equipos’, en abril impártese ‘Comercia, comunica e vende’, e continúa agora co módulo 5 a través da seguinte proposta formativa :
Os xoves 23 e 30 de Maio de 2019 en Vigo – de 9.30 a 14.30 e de 16.00 a 18.30 h. – Rúa Torrecedeira 105 (Escola de Empresariais de Vigo) – Duración do módulo 15 horas.
Programa Aquí | Inscrición aquí | Cartel Aquí
1| Con esta formación mellorarás as capacidades e procedementos na xestión empresarial, para aplicar nos sistemas de dirección e xestión en cooperativas, coñecerás boas prácticas, e ferramentas de utilidade.
2| Tamén se busca favorecer as relacións e o coñecemento entre as cooperativas que participen, e que esto permita establecer colaboracións futuras entre elas. É dicir, coñecerás posibles aliadas e colaboradoras.
Trataremos e traballaremos catro módulos de contido:
Metodoloxía de traballo que combian o coñecemento teórico, coa experiencia práctica, exercicios de autoreflexión, simulacións, debates e demostracións.
1| Preferentemente para cooperativas asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop: socias/os e asalariadas/os que estén en áreas de dirección, consellos reitores, ou postos relacionados coa temática desta acción formativa (Gratuíto).
2| Tamén outras cooperativas, organizacións de economía social, e interesadas.
Aforo limitado.
Terán preferencia na asistencia ao mesmo as cooperativas socias de Espazocoop e en segundo lugar outras cooperativas e entidades de Economía Social.
———
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social