Directorio /  Emplea el distintivo del dominio .coop - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Emplea el distintivo del dominio .coop

12/12/2015

Emplea el distintivo del dominio .coop

A Alianza Cooperativa Internacional, promociona a identidade cooperativa mediante o uso dun dominio propio:  .coop. A marca cooperativa mundial xa está sendo utilizada por casi 1.450 cooperativas de 103 países, e aínda está vixente a posibilidade de que os novos rexistros de dominios .coop podan empregarse SEN CUSTO para o primeiro ano.

A través do canal de youtube Domainsdotcoop lanzaron o vídeo «Síntase orgullosa/o da súa identidade cooperativa», no que invitan a empregalo e nos din como facelo: «Comuníquelle aos seus asociados/as, clientela, e a súa comunidade que se sinte orgullosa/o da súa natureza cooperativa, empregando o distintivo ético exclusivo das cooperativas».

O dominico pode solicitarse GRATIS en www.identity.coop. Amais, recentemente actualizaron a Guía do Usuario da Marca incluíndo unha nova sección con suxestións e exemplos sobre como utilizar a Marca como parte da identidade cooperativa de cada un dos seus usuarios.

Fai clic : Guía do Usuario da Marca, versión actualizada 

E seguirán destacando boas prácticas nas que outras cooperativas poidan inspirarse no seguinte espazo web :

Fai clic: Vitrina sobre a Identidade Cooperativa

Ademais se queredes que se inclúan imaxes que ilustren o modo no que a vosa cooperativa ou organización está empregando a Marca ou os dominios .coop nas vosas publicacións, produtos, envases, promoción de eventos e redes sociais, podedes facerlles chegar eses exemplos.

Ao usar o dominio .coop sodes automaticamente incluídos nun directorio mundial de tódolos dominios .coop activos en Directory.coop. Co apoio de todos preténdese conquerir que a identidade cooperativa sexa unha das marcas éticas máis recoñecidas en todo o mundo para o ano 2020.

Visualiza o vídeo «Síntase orgulloso/a da súa identidade cooperativa»:

[fusion_builder_container hundred_percent=»yes» overflow=»visible»][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=»1_1″ background_position=»left top» background_color=»» border_size=»» border_color=»» border_style=»solid» spacing=»yes» background_image=»» background_repeat=»no-repeat» padding=»» margin_top=»0px» margin_bottom=»0px» class=»» id=»» animation_type=»» animation_speed=»0.3″ animation_direction=»left» hide_on_mobile=»no» center_content=»no» min_height=»none»]

 [/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]

Relacionado