Directorio /  Un total de 15 entidades de economía social gallegas participan en el POP UP del Mercado do Progreso en Vigo - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Un total de 15 entidades de economía social gallegas participan en el POP UP del Mercado do Progreso en Vigo

24/04/2019

Un total de 15 entidades de economía social gallegas participan en el POP UP del Mercado do Progreso en Vigo

Un total de 15 entidades de economía social gallegas participan en el POP UP del Mercado do Progreso en Vigo

A iniciativa impulsada por EspazoCoop – forma parte do proxecto europeo LACES, co que se pretende fomentar a economía social na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal

Un total de 15 entidades da economía social galega participarán os días 9, 10 e 11 de maio nos Espazos Efémeros POP UP que terán lugar no Mercado do Progreso en Vigo e que dinamiza a Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Os Espazos Efémeros POP UP son feiras de economía social nas que participan proxectos empresariais da Economía Social en fase de creación e consolidación, co obxectivo de que poidan expor os seus produtos e/ou servizos e obter desta forma unha experiencia real de venda que lles permita adquirir unha aprendizaxe coa que perfeccionar o seu modelo de negocio.

O Espazo Efémero POP UP que vai celebrarse en Vigo ofrece a posibilidade de facer un percorrido pola situación actual da economía social en Galiza, desde as propias cooperativas e atendendo a sectores diversos, o que dá mostra do dinamismo e diversidade do sector. Neste encontro estarán presentes entidades como A Factoría Atelier, Cal3 fotografía, Fablab Vigo, Teixugo, Ribeiregas, Ben Mercado, Triwus, D_RAÍZ, Árbore Arqueoloxía, Alcrique, Milhulloa, Tres Fuciños, Conservas Anaco, Fiare Banca Ética e Catarse.

Na feira inclúense, ademais da exposición e mostra de produtos e servizos da economía social, actividades divulgativas do cooperativismo e da economía social, formación e asesoramento comercial, unha exposición sobre a economía social e un espazo reservado para as crianzas.

Os “espazos efémeros POP UP” inscríbense no programa europeo LACES, proxecto que ten como obxectivo contribuír ao fomento da economía social na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. Así mesmo, o LACES materialízase a través do apoio vehiculado polo Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. Con el, preténdese dar un salto cuantitativo na competitividade e impulsar os proxectos empresariais de economía social no espazo transfronteirizo, axudando á creación de empresas e de empregos de calidade na Eurorrexión.

Para implementar na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal as distintas actuacións previstas no LACES, ademais da Xunta de Galicia participan as seguintes entidades galegas e portuguesas: Unión de Cooperativas EspazoCoop, Universidade de Santiago de Compostela (USC), Asociación galega de cooperativas agroalimentarias (Agaca), Asociación de sociedades laborais galegas (Aesgal), Utad, Tec Minho, In.cubo e a Câmara Municipal de Santo Tirso.

Neste marco, os espazos efémeros POP UP buscan difundir os valores e as vantaxes da ECONOMÍA SOCIALES-, ofrecendo experiencias reais para testar os produtos, servizos e ou proxectos en situacións de venda reais, achegándoas ao público e permitíndolles establecer un diálogo que traslade unha visión desde o punto de vista da persoa receptora.

Promove: Unión de Cooperativas EspazoCoop – www.espazo.coop

Relacionado