Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114
EspazoCoop - Espazo Coop18 de xullo - Presentación programa Re-acciona do Igape para mellorar a competitividade das cooperativas - Espazo Coop

Directorio /  18 de xullo - Presentación programa Re-acciona do Igape para mellorar a competitividade das cooperativas - Espazo Coop Ir a espazo.coop

18 de xullo – Presentación programa Re-acciona do Igape para mellorar a competitividade das cooperativas

07/07/2013

18 de xullo – Presentación programa Re-acciona do Igape para mellorar a competitividade das cooperativas

O IGAPE e a  Consellería de Traballo e Benestar, no marco de accións da Rede Eusumo, dirixida a dar apoio á creación de autoemprego baixo fórmulas de economía social, organizan o próximo xoves 18 de xullo en colaboración unha xornada de presentación do programa RE-ACCIONA para mellorar a competitividade das cooperativas.

O obxetivo desta xornada é aportar ás cooperativas servizos de alto valor engadido orientados á adquisición de competencias por parte do capital humano da empresa, como fonte de creación de vantaxes competitivas sostibles.

Na xornada presentaranse os eixos do Programa Re-Acciona para conquerir a mellora competitiva: A Diagnose Integral de Competitividades, Servizos de profesionalización e Servizos de desenvolvemento estratéxico .

Así mesmo poderán coñecer a experiencia real dunha  cooperativa participante neste programa.

A xornada levarase a cabo no  Museo Pedagóxico de Galicia en Santiago de Compostela en horario de 10 a 12h.

Preme aquí para ver o PROGRAMA da xornada

A inscripción pode facerse antes do día 16 de xullo por teléfono chamando ao 678 759 079 ou mediante correo electrónico a info@eusumo.coop. Tamén pode cumprimentarse o  formulario de inscrición premendo aquí

 

Relacionado