Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121
EspazoCoop - Espazo CoopÁrbore Consumo Consciente invita a su Fiesta del Sábado 8 de abril - Espazo Coop

Directorio /  Árbore Consumo Consciente invita a su Fiesta del Sábado 8 de abril - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Árbore Consumo Consciente invita a su Fiesta del Sábado 8 de abril

25/04/2017

Árbore Consumo Consciente invita a su Fiesta del Sábado 8 de abril

A cooperativa de consumo Árbore, convida á Festa que celebrará o sábado 8 de abril pola mañá nos seus locais de Vigo. Será un evento lúdico para gozar en familia ou coas amizades no que poden participar tanto as persoas socias coma as que non o son e así coñecer a tenda e o proxecto Árbore Consumo Consciente s. coop. galega.

O sábado 8 de abril dende as 10:30 da mañá comezan todas as actividades :

10:30 comeza o mercadiño para troco e cesión de roupa, cousas, para crianzas e nais (roupa, lactancia, embarazo…etc)

·         A organización do mercadiño xestionará a roupa de crianzas e nais nunha mesa e percheiro especialmente adicadas a isto. Toda a roupa que non se leve se entregará á asociación AYUVI para nais e crianzas desfavorecidas.

Para mellor organización do mercadiño ou se tes calquera dúbida por favor ponte en contacto con nós(david@arbore.org).

·         Todo o que se traia debe estar en bo estado.

·         Poderás levar o que necesites, non é necesario aportar prendas previamente.

·         Haberá outro espazo autoxestionado para troco e cesión de roupa de adult@s, sempre que recollas o que trouxeches se ninguén o levou antes.

·         Colabora coa organización a que o mercadiño manteña un mínimo de orde, coloca as cousas onde estaban e como estaban.

Tamén pensamos n@s máis pequen@s. Ás 11:30 Begoña fará un obradoiro para pintar con lá cardada.

Non pode haber unha festa sen música! ás 12:30 concerto de #Díese#, non perdas a oportunidade de ver en directo a este grupo folk de 12 músic@s|| a nosa cooperativa volve encherse de música!

E por último, un clásico de Árbore, trae algo para partillar no xantar, teremos a oportunidade de coñecernos mellor noutro xantar compartido.

Relacionado