Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121
EspazoCoop - Espazo CoopBúscanse mecenas para celebrar o II Delas Fest - Espazo Coop

Directorio /  Búscanse mecenas para celebrar o II Delas Fest - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Búscanse mecenas para celebrar o II Delas Fest

21/05/2020

Búscanse mecenas para celebrar o II Delas Fest

Búscanse mecenas para celebrar o II Delas Fest

Imaxe: I edición Delas Fest. Autor: Marcos Boedo – 7H Cooperativa Cultural

En 7H Cooperativa Cultural, entidade dedicada á creación contemporánea, á educación artística e á xestión cultural, veñen de lanzar unha Campaña de mecenado en Goteo.org para financiar a II edición do festival feminista de arte urbana e contextual DELAS FEST.

Este evento, pioneiro en Europa, celebrouse por vez primeira en 2019 co obxectivo combater as desigualdades materiais e simbólicas que sofren as mulleres nesta disciplina. Esta nova cita procura afondar na articulación de respostas colectivas que permitan acadar a igualdade no sector a través dunha edición máis longa, extensa e diversificada. Dadas as enormes dificultades que atravesa o sector cultural como consecuencia da pandemia do coronavirus, a materialización da proposta depende, en grande medida, do financiamento colectivo.

Podes atopar toda a información sobre a campaña e o festival DELAS FEST Neste Enlace.

 

 

Relacionado