Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121
EspazoCoop - Espazo CoopCatro Ventos Editora: Obras publicadas hasta el momento en 2020 - Espazo Coop

Directorio /  Catro Ventos Editora: Obras publicadas hasta el momento en 2020 - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Catro Ventos Editora: Obras publicadas hasta el momento en 2020

04/09/2020

Catro Ventos Editora: Obras publicadas hasta el momento en 2020
CATRO VENTOS EDITORA, cooperativa que produce e edita libros, fainos partícipe do seu Catálogo de Publicacións actualizado, e tamén nos informa dos tres lanzamentos que levan publicados neste ano 2020 que tantas sorpresas nos depara.
As obras publicadas ata o de agora son:
  • Alén do azul. O mundo submarino da ría de Vigo é unha guía visual levada a cabo por Sara Carrasco e Silvia Iglesias (13 grados), dúas namoradas do mergullo e dos fondos mariños das rías galegas creadoras do proxecto de divulgación e sensibilización medioambiental «13 grados».
    Mediante unha viaxe por debaixo da liña do mar, a obra describe as paisaxes e personaxes máis habituais da ría de Vigo, un ecosistema fértil grazas ás correntes mariñas que manteñen unha temperatura media de 13 graos, o que fai viable esta grande riqueza de biodiversidade. Os textos van acompañados das ilustracións naturalistas de Sara e das fotografías de Silvia, unha riqueza documental recollida nas súas inmersións que mesmo achega vídeos en liña accesibles mediante códigos QR que permiten ampliar a información de cada apartado. Publicada en xuño.
  • Polo rego, o libro do programa da TVG, recolle o mellor da 1.ª tempada do programa, con consellos sobre agricultura sustentable e xardinaxe, propostas de cestaría, trucos e remedios para a horta e as pragas, receitas para os froitos da terra, información útil sobre a compostaxe e ideas para aproveitar os beneficios das plantas silvestres. Publicada en maio.
  • Unha historia do mundo en sete cousas baratas. Natureza, diñeiro, traballo, coidados, comida, enerxía e vida: estas son as sete cousas que construíron o noso mundo e que conformarán o seu futuro. Mediante o abaratamento destas cousas, o comercio moderno transformou, gobernou e devastou a Terra. En Unha historia do mundo en sete cousas baratas, Raj Patel e Jason W. Moore presentan un novo enfoque para a análise das urxencias planetarias actuais. Combinando as últimas investigacións en ecoloxía con historias do colonialismo, loitas indíxenas, revoltas de escravos e outras rebelións e levantamentos, Patel e Moore demostran que, ao longo da historia, as crises sempre deron lugar a novas estratexias para facer o mundo barato e seguro para o capitalismo. Nunha época de crise nestas sete cousas baratas, requírese urxentemente unha forma de pensar innovadora e sistémica. Este libro propón unha forma nova e radical de comprender (e recuperar) o planeta no turbulento século XXI. Publicada en xullo.
A través de súa páxina web podes facerte con estas e outras publicacións ou tamén conseguilas nalgún dos puntos de venda que nos suxiren.
Catro Ventos publican libros sobre consumo responsable, dereitos humanos, ecoloxía, economía social, ou crianza alternativa, trátase dunha editorial diferente e especializada que non deixa de ofrecernos interesantes novidades.

 

Relacionado