debug-bar
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121machete
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 612129/05/2015
A cooperativa Culturactiva a través do seu colectivo Pallasos en Rebeldía organiza este domingo, 31 de maio, unha gala artística , co gallo da chegada do «Marianne», barco que se unirá no Mediterráneo á Flotilla da Liberdade no seu Rumbo a Gaza.
A gala será na Praza Massó da localidade pontevedresa de Bueu en apoio á Flotilla da Liberdade, a expedición marítima que, unha vez máis, tentará romper o bloqueo inhumano e ilegal que sofren os 1,7 millóns de persoas palestinas residentes na Franxa de Gaza.
O acto celébrase con motivo da chegada á ría de Pontevedra o sábado 30 ás 12:00 horas do pesqueiro Marianne de Gothengurg, o primeiro barco da Terceira Flotilla da Liberdade que empezou a navegar rumbo a Gaza.
A festa popular, que conta coa colaboración de BDS Galiza, o Concello de Bueu e Culturactiva SCG, comezará ás 13.00 horas do domingo coa actuación do clown Peter Punk. A partir das 20.00 horas o espectáculo continuará coas actuacións musicais de Uxía e Narf, a Banda de Gaitas Manxadoira, Najla Shami e Pandeiromus; a intervención da escritora bueueira Lucía Novas; e o humor de Nabiza Girl e Circo Chosco. Haberá pasarrúas dende as 19:00 horas co grupo Ameaça de Bombo.
Ademais, o sábado, tras a chegada do Marianne, producirase una recepción no Concello de Bueu e poderán facerse visitas ao barco. A continuación terá lugar unha proxección e unha charla co título de “Todos a bordo. Testemuñas do ataque ao Mavi Marmara”, con motivo do quinto aniversario do asalto a esta embarcación, no que a armada israelí asasinou a dez activistas e feriu a máis de cincuenta. Na charla intervirán os activistas Laura Arau, Kevin Neish e Joel Opperdoes.
O Marianne continuará coa súa ruta cara Gaza e seguirán realizándose actividades de apoio á iniciativa ao longo das próximas semanas. Os días 11 e 12 de xuño terán lugar en Madrid e Barcelona, respectivamente, dúas galas de apoio á III Flotilla da Liberdade, organizadas polo colectivo Pallasos en Rebeldía e nas que participarán Juan Diego Botto, Leo Bassi, Pepe Viyuela ou Mr. Kilombo, entre outros. Desta forma, Rumbo a Gaza segue apostando pola cultura como canle de denuncia das atrocidades que Israel comete sobre a poboación palestina así como de recadación de fondos económicos.
A organización xa recadou máis de 12 mil euros que foron achegados a través dunha campaña de micromecenazgo.
Nova da: Web Culturactiva