Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121
EspazoCoop - Espazo CoopSEMENTANDO CIDADANÍA. La iniciativa de la cooperativa Xeracción busca apoyos - Espazo Coop

Directorio /  SEMENTANDO CIDADANÍA. La iniciativa de la cooperativa Xeracción busca apoyos - Espazo Coop Ir a espazo.coop

SEMENTANDO CIDADANÍA. La iniciativa de la cooperativa Xeracción busca apoyos

21/05/2020

SEMENTANDO CIDADANÍA. La iniciativa de la cooperativa Xeracción busca apoyos
Dende a nosa cooperativa socia XERACCIÓN chéganos unha petición de apoio destinada ás demais asociadas e a outras cooperativas, para poder continuar co seu Proxecto SEMENTANDO CIDADANÍA, de atención a familias en situación de vulnerabilidade:
A petición de Xeracción invita a aportar recursos do Fondo de Formación e Promoción Cooperativa das cooperativas ao Proxecto Sementando Cidadanía, en base á Autorización do Consello Galego de Cooperativas a destinar este Fondo á promoción social da comunidade para atender necesidades derivadas da pandemia ocasionada polo Covid19 (Resolución do 8 de abril de 2020 – DOG nº 75 do 20/4/2020).
Xeracción explícanos que «Comezamos con este proxecto de atención en xaneiro de 2019, ía ser financiado a través das axudas de Asuntos Sociais do Concello de Ourense, pero denegáronnos o financiamento por non ser Asociación nin Fundación, a pesar de que a Convocatoria era para entidades sen ánimo de lucro (como é o noso caso). Agora, durante o confinamento pola alerta sanitaria, a situación tanto económica como psicóloxica das familias que atendemos no programa, a maioría superviventes da violencia machista, se recrudeceu e precisan máis apoio que nunca, polo que a pesar de carecer neste momentos de financiación, continuamos co Programa.
Neste enlace:Proxecto Sementando Cidadanía, pódense consultar as liñas básicas do noso programa para que teñades máis información e nos poidades ter en conta á hora de decidir onde destinar o Fondo de Formación.
Moitas grazas pola vosa atención e apertas cooperativas.»
Nerea Conde Seguín | Traballadora Social – Xeracción s. coop. galega | 988 613822 – 698 131 032 | info@xeraccion.com | R/ Moratín Nº 2 Ourense

Relacionado