03/12/2020
A cooperativa Medatlantia trasladan a invitación a participar no Programa Formativo cofinanciado polo FSE a través da Convocatoria Empleaverde da Fundación Biodiversidad, que están desenvolvendo.
TELO NA MAN-CONECTA xurde co obxetivo de facilitar a aprendizaxe daquelas competencias que nos faciliten o traballo, a xestión de proxectos colaborativos ou iniciar e liderar cambios no noso entorno. Liderazgo participativo, emprendemento, traballo en equipo xunto a outras habilidades, que van máis alá do coñecemento, serán claves no futuro laboral.
Buscamos contribuir a un cambio no sistema que deberá ir unido á necesidade de preservar os recursos dos que dispoñemos e poñer en valor a riqueza do noso entorno natural, marítimo e terrestre.
TELO NA MAN-CONECTA contempla acompañamentos para aquelas persoas participantes que queran traballar unha idea de negocio que recoñeca a importancia de mares, océanos e demáis recursos naturais como motores dunha economía sostible.
TELO NA MAN-CONECTA impulsa a creación dunha rede Europea de líderes en emprendemento sostible mediante unha Estancia formativa en Italia co obxetivo de buscar a intercooperación para a realización de proxectos dentro da Rede Natura.
ACTIVIDADES
Prazas: 9 | Datas: 11 ao 22 xaneiro 2021 | Lugar: A Coruña. Extremadura.
Prazas: 4 | Datas: 1 de febreiro ao 15 de marzo de 2021 | Lugar: A Coruña. Extremadura. Baleares.
Prazas: 6 | Datas: 3 ao 7 de maio de 2021 | Lugar: Aprilia (Italia).
Co fin de que facilitar a inscrición, Medatlantia, achegan máis información de interese, fai clic: Condicións Telo na man Conecta. Podes escribir á cooperativa Medatlantia para aclarar calquera dúdida:
Medatlantia Consultoría Europea s. coop. galega | info@medatlantia.eu – 622 163 218
Todas as accións son gratuítas e cofinancaidas polo Fondo Social Europeo para conquerir formación e un emprego de calidade.