Últimas novidades da cooperativa Catro Ventos Editora
Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais é unha obra coordinada polo proxecto Batefogo, de múltiple autoría, que buscar reflexionar e posicionar a variable xénero na xestión dos nosos montes. Batefogo reuniu a un equipo de autoras expertas nas respectivas áreas de influencia no complexo ecosistema dos lumes en Galicia, e completa esta visión cunha serie de entrevistas a iniciativas lideradas en feminino que están a introducir outra forma de facer e de pensar no rural e na xestión dos nosos montes.
Esta obra, froito dun mecenado realizado a través de Goteo, conta co traballo gráfico de Xoana Almar (Cestola na cachola), creadora da ilustración que serve de identidade gráfica da obra.
Crac! Unha breve historia da economía. Da Grecia Antiga ao século XXI fai un paseo por 12 000 anos de civilización e traza paralelismos entre o pasado e o presente para explicar cómo funcionan as moedas, a inflación, as burbullas e o ir e vir dunha economía cíclica que sempre se repite. Esta obra de Alexandre Versignassi, director de redacción da revista
Superinteressante, foi finalista do premio máis recoñecido de Brasil, o Premio Jabuti en 2012.
Mapa ecosocial de Galicia segue a liña do camiño aberto con O libro dos océanos e, mediante un traballo exhaustivo de documentación e análise, plantexa unha fotografía actual da situación de Galicia basada non só en datos económicos, se non tamén en aspectos sociais e ecolóxicos. Rebeca Fernández Hermo (xornalista) e Xosé Veiras García (biólogo) presentan este traballo conxunto apoiado en máis de 50 gráficas que facilitan a interpretación das distintas variables analizadas. Cada capítulo remata ademais con exemplos de boas prácticas que están a ter lugar na nosa terra.