Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114
EspazoCoop - Espazo CoopFormación de Axentes Cooperativos - Espazo Coop

Directorio /  Formación de Axentes Cooperativos - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Formación de Axentes Cooperativos

23/01/2013

Formación de Axentes Cooperativos

No marco do proxecto COOPERA+, a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social pon en marcha o Programa Formativo presencial con apoio online, que desenvolve o «Programa de Dinamización do Emprendemento Cooperativo «.

O programa formativo ten como obxectivo promover o desenvolvemento cooperativo, a través non só das persoas axentes de emprego ou axentes intermedias, senón de todas aquelas persoas profesionais adicadas a informar, asesorar e acompañar a futuros cooperativistas, ofrecendo unha formación ampla, xeral e práctica que lles facilitará uns coñecementos teóricos e prácticos acerca da constitución e desenvolvemento dunha cooperativa, e sobre todo, de como realizar asesoramento ás persoas futuras emprendedoras que poidan chegar a atender.

O programa formativo está composto polas seguintes xornadas formativas:

Xornada formativa I: O cooperativismo

Xornada formativa II: Emprender baixo a fórmula cooperativa

Xornada formativa III: Xestión económica financeira e plan de viabilidade

Xornada formativa IV: Obradoiro en habilidades sociais

 

Despois de celebrarse as primeiras xornadas, a última sesión «Obradoiro en habilidades sociais” terá lugar o 14 de marzo en Santiago de Compostela.

Información na web www.cooperamais.org ou no teléfono 981 563 252 (Ana Seoane).

Relacionado