Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114
EspazoCoop - Espazo CoopCooperativismo para persoas cativas - Espazo Coop

Directorio /  Cooperativismo para persoas cativas - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Cooperativismo para persoas cativas

02/01/2013

Cooperativismo para persoas cativas

O Proxecto Semente, no que Ugacota  está a colaborar co  Concello de A Coruña nas tarefas de capacitación, destínase a fomentar o espíritu emprendedor cooperativo nos nenos e nenas de entre 8 a 11 anos; dos centros educativos da cidade da Coruña.

Cada grupo participante no proxecto crea e xestiona unha empresa, baixo a forma dunha cooperativa, escolle e nomea aos seus representantes e elabora os productos simulando a realización dos trámites que realiza calquera empresa real: elaboración dos estatutos, solicitude do CIF, solicitude de licencia para a venda…. Da mesma maneira o alumnado decidirá o capital inicial e o producto a elaborar.

Coincidindo co fin do curso académico, o proxecto péchase coa venda dos productos realizados nun Mercado Escolar.

SEMENTE proporciona, neste sentido, un contexto práctico no que traballar de forma transversal algunhas das materias que se traballan na escola, como son: lingua española, lingua galega, matemáticas, coñecemento do medio, plástica, informática; ao tempo que achega o mundo da empresa e as relacións laborais aos primeiros niveis educativos, favorecendo o desenvolvemento de competencias e adquisición de coñecementos e hábitos vinculados á cultura emprendedora e ao cooperativismo.

 

Relacionado