Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114
EspazoCoop - Espazo CoopAccións formativas de EspazoCoop [ Abril ] - Espazo Coop

Directorio /  Accións formativas de EspazoCoop [ Abril ] - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Accións formativas de EspazoCoop [ Abril ]

10/03/2021

Accións formativas de EspazoCoop [ Abril ]

Accións formativas de EspazoCoop

[ Abril ]

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta a súa Programación Formativa -no marco da REDE EUSUMO- para Abril de 2021 ofrecendo 4 actividades.  Os cursos previstos desenvolveranse en modalidade Teleformación, a través da plataforma da Aula Virtual de EspazoCoop.

Son gratuítos, sendo preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de alumnado en cada curso.

  • Ferramentas tecnolóxicas para a economía social | 40 h. | Inicio 7 de abril
  • Ideas cooperativas en acción | 20 h. | Inicio 13 de abril
  • Lánzate a emprender en cooperativa (Avanzado) | 40 h. | Inicio 20 de abril
  • Ideas cooperativas en acción (Avanzado) | 40 h. | Inicio 27 de abril

Como é a nosa modalidade de teleformación?:

O tempo de estudo de cada curso está conformado con diferentes modalidades e obxectivos:

  • Hai unhas horas que son as sesións virtuais de aprendizaxe: con data e hora determinada, que teñen unha duración de 90 minutos, para propiciar o traballo conxunto e colaborativo entre as participantes e para presentar determinados temas.
  • Outras horas que serán as que utilices libremente como alumna/o para ler os contidos que estarán ao teu dispor na plataforma, na Aula virtual de EspazoCoop, para estudar materiais, revisar webgrafía, visionar os vídeos, realizar e enviar as tarefas que se piden no curso á persoa Titora, e revisar a súa retroalimentación.
  • Un tempo que usarás e  organizarás libremente para a participación nos Foros, Titoría coa docente e, finalmente, un tempo para a Avaliación.

Os cursos hai que completalos no marco do tempo das datas de inicio e fin indicadas para cada acción formativa.



Ferramentas tecnolóxicas para a economía social

| Do 7 ao 28 de abril | 40 horas | 2 sesións virtuais de aprendizaxe.

Fai clic:  Programa | Cartel | Inscrición

 



Ideas cooperativas en acción

| Do 13 ao 30 de abril | 20 horas | 2 sesións virtuais de aprendizaxe.

Fai clic:  Programa | Cartel | Inscrición

 



Lánzate a emprender en cooperativa – nivel Avanzado

| Do 20 de abril ao 19 de maio | 40 horas | 3 sesións virtuais de aprendizaxe.

Fai clic:  Programa | Cartel | Inscrición

 



Ideas cooperativas en acción – nivel Avanzado

| Do 27 de abril ao 26 de maio | 40 horas | 3 sesións virtuais de aprendizaxe.

Fai clic:  Programa | Cartel | Inscrición

 

[ Estas actividades están no marco da programación 2021 da Rede Eusumo, rede de promoción e fomento do cooperativismo en Galicia, liderada pola Xunta de Galicia ]

 

Relacionado