08/06/2017
Este mes é o MES DO COOPERATIVISMO, o Consello Galego de Cooperativas, a Subdirección Xeral de Economía Social, a Secretaría Xeral de Emprego (Consellería de Economía, Emprego e Industria) fainos chegar a programación das actividades para fomentar o cooperativismo en Galicia, que consta de 4 programas.
COOPERATIVISMO EN MOVEMENTO
Actuación de Marcos Pereiro cun monólogo cómico sobre cooperativismo e música en directo.
Datas e localidades:
Dom. 11 xuño | 19:00h | Foz |
Ven. 16 xuño | 21:00h | Chantada |
Sáb. 17 xuño | 21:00h | Pontevedra |
Dom.18 xuño | 19:30h | Porto do son |
Xov. 22 xuño | 21:00h | Vilanova de Arousa |
Sáb. 24 xuño | 21:00h | Carballiño |
COOPERATIVISMO NAS ESCOLAS
7 DE XUÑO | IES Monte Neme | Carballo | Accésit | primeiro ciclo da ESO |
9 DE XUÑO | CEIP Sestelo Baión | Vilanova de Arousa | Accésit | 1º e 2º de educación primaria. |
13 DE XUÑO | CEIP plurilingüe Domaio | Moaña | 1º | educación infantil |
Accésit | 5º e 6º de educación primaria | |||
15 DE XUÑO | IES Sanxenxo | Portonovo | 1º | primeiro ciclo da ESO |
12 DE XUÑO 11.30H | IES Pino Manso | O Porriño | Accésit | segundo ciclo da ESO |
16 DE XUÑO | CPI Monte Caxado | As Pontes de Gcía. Rgez. | 1º | segundo ciclo da ESO |
23 DE XUÑO | CEIP San Miguel de Reinante Barreiros | San Miguel de Reinante | Accésit | educación infantil |
1º | 1º e 2º de educación primaria. | |||
1º | 3º e 4º de educación primaria | |||
Accésit | 3º e 4º de educación primaria | |||
1º |
DÍA DE PORTAS ABERTAS – 30 xuño
Durante o mes de xuño levarase a cabo unha campaña de comunicación entre as cooperativas para que o día 30 de xuño abran as súas portas ao público.
DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGO – 1 xullo
Proxectos premiados:
Premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo:
Eficonter, S. Coop. Galega Xuvenil (CIFP Someso – A Coruña)
Accésit compartido ao proxecto empresarial finalista:
Identik3D, S. Coop. Galega (IES Imaxe e Son – A Coruña)
Piscinatura, S. Coop. Galega Xuvenil (CIFP Someso – A Coruña)
Entrega de premios á cooperación:
Cooperativas premiadas:
Premio aos valores cooperativos: DallequeDalle, S. Coop. Galega (Vilagarcía de Arousa) – cooperativa de traballo asociado dedicada a xestionar un espazo de coworking e asesorar a emprendedores
Premio á mellor cooperativa nova: Terras da Mariña, S. Coop. Galega (Lourenzá). Cooperativa agraria dedicada ao cultivo da Faba de Lourenzá (IXP)
Premio á mellor traxectoria: Sociedade Cooperativa Galega Educación Medioambiental CEM (Culleredo). Cooperativa de traballo asociado dedicada á educación ambiental.
Aperitivo con produtos cooperativos