Directorio /  Programa da Xornada de motivación para o emprendemento e acceso ao financiamento - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Programa da Xornada de motivación para o emprendemento e acceso ao financiamento

11/06/2014

Programa da Xornada de motivación para o emprendemento e acceso ao financiamento

Os próximos 25 e 26 de xuño celébranse unhas Xornadas gratuítas, enmarcadas dentro das actuacións da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Sada e a Deputación da
Coruña
.

A finalidade destas Xornadas é crear un espazo de encontro entre persoas emprendedoras para animalas a poñer en marcha as súas ideas ou proxectos empresariais, apostando polo emprendemento que implica ideas novas, ilusións, riscos.., para xerar o seu posto de traballo.

Na xornada do mércores 25, o Subdirector Xeral de Cooperativas e Economía Social estará presentando os programas de promoción e incentivos ao emprendemento cooperativo e a Rede Eusumo.

A Xornada é totalmente aberta, polo que calquera persoa que poida estar interesada nesta temática pode participar.

Para consultar o programa, preme aquí.

Relacionado