12/12/2015
A Alianza Cooperativa Internacional, promociona a identidade cooperativa mediante o uso dun dominio propio: .coop. A marca cooperativa mundial xa está sendo utilizada por casi 1.450 cooperativas de 103 países, e aínda está vixente a posibilidade de que os novos rexistros de dominios .coop podan empregarse SEN CUSTO para o primeiro ano.
A través do canal de youtube Domainsdotcoop lanzaron o vídeo “Síntase orgullosa/o da súa identidade cooperativa”, no que invitan a empregalo e nos din como facelo: “Comuníquelle aos seus asociados/as, clientela, e a súa comunidade que se sinte orgullosa/o da súa natureza cooperativa, empregando o distintivo ético exclusivo das cooperativas”.
O dominico pode solicitarse GRATIS en www.identity.coop. Amais, recentemente actualizaron a Guía do Usuario da Marca incluíndo unha nova sección con suxestións e exemplos sobre como utilizar a Marca como parte da identidade cooperativa de cada un dos seus usuarios.
Fai clic : Guía do Usuario da Marca, versión actualizada
E seguirán destacando boas prácticas nas que outras cooperativas poidan inspirarse no seguinte espazo web :
Fai clic: Vitrina sobre a Identidade Cooperativa
Ademais se queredes que se inclúan imaxes que ilustren o modo no que a vosa cooperativa ou organización está empregando a Marca ou os dominios .coop nas vosas publicacións, produtos, envases, promoción de eventos e redes sociais, podedes facerlles chegar eses exemplos.
Ao usar o dominio .coop sodes automaticamente incluídos nun directorio mundial de tódolos dominios .coop activos en Directory.coop. Co apoio de todos preténdese conquerir que a identidade cooperativa sexa unha das marcas éticas máis recoñecidas en todo o mundo para o ano 2020.
Visualiza o vídeo “Síntase orgulloso/a da súa identidade cooperativa”:
[fusion_builder_container hundred_percent=”yes” overflow=”visible”][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding=”” margin_top=”0px” margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”no” center_content=”no” min_height=”none”]
[/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]