Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121
EspazoCoop - Espazo CoopIDECAR Electromecánica: un taller con descontos para socias de EspazoCoop - Espazo Coop

Directorio /  IDECAR Electromecánica: un taller con descontos para socias de EspazoCoop - Espazo Coop Ir a espazo.coop

IDECAR Electromecánica: un taller con descontos para socias de EspazoCoop

19/02/2021

IDECAR Electromecánica: un taller con descontos para socias de EspazoCoop

IDECAR ELECTROMECÁNICA: un taller con descontos para socias de EspazoCoop

A Unión de Cooperativas como sabedes conta con cooperativas de diversos sectores, neste caso presentamos á cooperativa socia IDECAR ELECTROMECÁNICA, un Taller de automoción localizado en Vigo, na rúa Párroco José Otero nº 6, para situarnos, a escasos metros do Hospital de Fátima e da Vía Norte, así que céntrico aínda que afastado do tráfico da cidade. Son un taller multimarca de electricistas e mecánicos/as.

Cales son os seus servizos? Parten dunha ampla variedade :

  • Mantemento.
  • Diagnose.
  • Reparacións de danos por colisión.
  • Pulidos de faros.
  • Cambios de neumáticos.
  • Mecánica xeral.
  • Controis de líquidos.
  • Probas de batería.
  • Entre outros máis!

O Taller emprendeu para dar o salto á cidade partindo da súa traxectoria e experiencia desenvolta en Ponteareas, están pois iniciando andaina na cidade de Vigo, polo que precisan darse a coñecer e captar nova clientela.

Na actualidade, ademais de ser un Taller Limpo, Seguro e Responsable ante a Covid19, teñen en marcha dúas ofertas interesantes para usuarias:

  • Un Servizo de Recollida e Entrega a Domicilio do vehículo: AUTO A PORTA. Se non podes levar o teu coche ao taller Idecar recólleo e o entrega reparado, ou se o desexas lévancho á ITV.
  • DESCONTOS para persoas das cooperativas socias de EspazoCoop

Destacar que Idecar Electromecánica distínguense pola adicación e a capacitación constante do equipo, entre o que se atopan mulleres, nun sector pouco afeito a contar con mulleres nos seus cadros de persoal e a practicar a igualdade de oportunidades, Idecar lévao a cabo. Tamén teñen como práctica nas súas dinámicas de traballo a honestidade, a transparencia coa clientela en cada un dos servizos que fan, e a eficiencia.

Non o dubides, visítalles, de Luns a Venres de 9 a 13.30 e de 15.30 a 20 horas en Párroco José Otero 6 (Vigo). Contacto: Iván de Idecar Electromecánica, chama ao teléfono 623 001 596 ou escribe no email: idecarelectromecanica@outlook.es

Apoiarás á Economía Cooperativa!! .

Páxina: Web Idecar | Redes: Facebook Idecar

 

Relacionado