20/02/2020
Centros, institutos e outras estruturas universitarias de investigación en Economía Social en España celebrarán os próximos días 21 a 28 de febreiro a 1ª Semana Universitaria da Economía Social. Un total de 72 actividades en 20 universidades distintas programáronse para ditos días, completando unha ampla e variada axenda de actos co obxetivo de dar a coñecer a intensa actividade e os resultados da investigación sobre o sector das cooperativas, sociedades laborais, mutualidades, empresas sociais e terceiro sector de acción social en España.
A Semana Universitaria a convoca a Rede ENUIES, de Centros e Institutos Universitarios de Investigación en Economía Social, promovida por CIRIEC-España, centro de referencia na investigación e difusión da economía social no noso paías e a nivel internacional.
Para leer a nova completa, preme aquí
En Galicia foi presentada a Semana Universitaria da Economía Social o mércores 19 de febreiro, contaremos con actividades na Universidade de Santiago de Compostela (USC) a través do Centro de Estudios Cooperativos (Cecoop), coa seguinte programación:
MÉRCORES, 26 DE FEBREIRO
XOVES, 27 DE FEBREIRO
Fonte: vía web Ciriec
Imaxe: presentación en Galicia da Semana Universitaria de Economía Social. Con presencia de representación institucional da Xunta de Galicia, o Foro Galego pola Economía Social Galega, Cecoop e USC.