Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121
EspazoCoop - Espazo CoopA cooperativa Simbiosis organiza un curso sobre a LOPD, con posibilidade de bonificación - Espazo Coop

Directorio /  A cooperativa Simbiosis organiza un curso sobre a LOPD, con posibilidade de bonificación - Espazo Coop Ir a espazo.coop

A cooperativa Simbiosis organiza un curso sobre a LOPD, con posibilidade de bonificación

17/11/2014

A cooperativa Simbiosis organiza un curso sobre a LOPD, con posibilidade de bonificación

Afecta a LOPD (Lei Orgánica de Protección de Datos) a túa actividade?

¿Tes persoal e/ou empregados/as ao teu cargo e manexas os seus datos para pagar sus nóminas?

¿Necesitas por razóns de traballo enviar correos electrónicos a destinatarios múltiples?

¿Empregas algún sistema de fidelización de clientes?

¿Algún dos teus provedores é unha persoa autónoma?

¿Emites facturas a persoas físicas?

¿Desexas enviar publicidade  á túa clientela?

Se respondiches que si a algunha das preguntas anteriores, entón aféctache a LOPD.

Curso on – line de 60 horas : “Adaptación á Lei Orgánica de Proteción de datos para PEMES”

A LOPD 15/1999 establece as obrigacións de aqueles/as que sexan responsables de ficheiros que conteñan datos de carácter persoal a fin de garantir o dereito fundamental dos individuos/as especialmente a súa honra e intimidade persoal e familiar.

Curso totalmente práctico on-line. Ao finalizar o curso comprométense a facilitarche a elaboración do manual de seguridade e outros trámites para que só te preocupes da túa empresa.

Posibilidade de bonificar o 100% do custe do curso a través da Fundación Tripartita : Para que a bonificación poida incluírse en 2014, a data de matriculación non pode superar o 24 de novembro.

Fai clic : ADAPTACIÓN Á LEI ORGÁNICA DE PROTECCIÓN DE DATOS PARA PEMES

 

Relacionado