Directorio /
A promoción do Cooperativismo de EspazoCoop no último ano destaca pola participación das mulleres - Espazo Coop Ir a espazo.coop
A promoción do Cooperativismo de EspazoCoop no último ano destaca pola participación das mulleres
08/11/2018
A promoción do Cooperativismo de EspazoCoop no último ano destaca pola participación das mulleres
A Unión de Cooperativas EspazoCoop ven de facer balance da súa actividade no último, ano no marco das axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria para promoción do cooperativismo, e dentro da Programación da Rede EUSUMO , unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
– Máis de 900 persoas participaron nas 56 accións que ofreceu a Unión de Cooperativas Galegas no último ano
– O 65,33 % das usuarias son mulleres, e o 52,58 % están nunha cooperativa ou en entidades de economía social
EspazoCoop como organización adherida a Eusumo desenvolveu entre outubro 2017 e setembro 2018 diversos servizos, iniciativas e accións para promocionar o cooperativismo en Galicia entre as súas asociadas, usuarias, e a sociedade en xeral. AUnión é unha entidade sen ánimo de lucro, formada por cooperativas de distinta tipoloxía creada para atender as necesidades das empresas asociadas, representar ó movemento cooperativo galego e promover os valores da cultura solidaria e os principios cooperativos nas súas empresas e no conxunto da cidadanía galega.
Actualmente asocia a 200 cooperativas galegas e traballa para que o Cooperativismo desempeñe un papel esencial na economía galega, defenden que é un bo exemplo á hora de crear e manter emprego de calidade, de fomentar unha economía participativa e transparente, de ser un axente relevante para lograr o desenvolvemento sostible das comunidades e territorios e conter a deslocalización, mellorando as condicións de vidas das persoas, cunha cultura empresarial cooperativa que demostra que é posible poñer en práctica valores como a igualdade de xénero ou doutra índole.
Estos son os datos extraídos do informe da actividade da Unión de Cooperativas Galegas no último ano no marco das axudas da Administración Galega.
Programáronse 32 cursos, a maioría en modalidade presencial pero tamén empregáronse formatos de teleformación (pura e mixta), dentro dunha oferta formada por 16 tipos de accións onde escoller. Un total de 87 usuarias pertencen a algunha empresa cooperativa galega. Nos cursos rexistráronse en situación laboral en activo a 218 beneficiarias.
Realizáronse 8 accións de asesoramento a grupos pre-cooperativos e impulsores de proxectos profesionais en organizacións de economía social.
Implementáronse 8 bolsas de xerencia en cooperativas para desenvolver procesos de mellora e consolidación.
Celebráronse 3 xornadas en distintas temáticas de interese para cooperativas e organizacións de economía social (ES)
Organizáronse 5 accións que teñen o carácter de actividades colaborativas (feitas en común coas entidades que forman o Foro pola Economía Social Galega)
A valoración dos servizos por parte das cooperativas e resto de usuarias en xeral é boa e son moi ben acollidos.
A participación das mulleres foi máis sobresaínte en actividades formativas como ‘Asembleas e Reunións’, ‘Xestión de Cooperativas de Traballo Asociado’, ‘Titoras de Teleformación’, ‘O Regulamento de Réxime Interno nas Cooperativas’, ‘Relevo Xeracional nas Cooperativas de Ensino’, ou ‘Dinamizando o Cooperativismo nun Sector con Potencial’, entre outras.
Tamén contouse con máis presenza de mulleres en xornadas técnicas sobre: Finanzas Responsables, a Lei de Protección de Datos, e Os Novos Retos das Cooperativas de Ensino galegas; nas actividades do Foro pola Economía Social Galega; e no Programa de Mellora e Consolidación: Bolsas de Xerencia en Cooperativas.
Curso ‘Relevo xeracional nas cooperativas de ensino’ 2018
Máis información sintetizada sobre a actividade da Unión: