22/01/2020
Desde a Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA) -organización da que EspazoCoop fai parte- achegámosvos o formulario de preinscrición para as accións formativas enmarcadas no convenio de formación estatal para persoas ocupadas para o ano 2020 de COCETA, expediente F181678AA.
Trátase de cursos subvencionados (sen custos) para cooperativistas e traballadoras de empresas de economía social prioritariamente. Desde o formulario poderás realizar a preinscrición nas accións formativas on line seguintes (datas por determinar):
Cursos con matrícula aberta:
Programa dos Cursos, neste enlace
Ligazón ao formulario de preinscrición: https://forms.gle/1wMoG9t8L9ZBGc2m8
É importante que os datos facilitados na inscrición sexan reais para facilitar as labores administrativas e documentais que esixe este tipo de formación.
Información e consultas:
TAGEN ATA s. coop. galega : 881 939 142 | ivan@tagenata.com
Información actualizada sobre datas e cursos: https://aula.formacionenrede.net/coceta20
———-
Cursos con Matrícula Pechada:
Promove:
Coa colaboración de: