06/06/2018
EspazoCoop promove este programa que impulsa a mellora da área xerencial nas cooperativas e outras entidades de ES. A Unión marcouse como meta ofrecer un servizo de apoio e consolidación cooperativa, neste caso ao labor xerencial, lanzando para elo o “Programa de bolsas de xerencia en cooperativas e entidades de economía social”.
Esta semana arrancou a estadía en prácticas das persoas seleccionadas para apoiar ás organizacións beneficiarias, as cales seguirán un programa teórico-práctico durante 6 meses, e contarán con titorías de EspazoCoop. As bolseiras contan con formación na área empresarial e prestarán apoio a 7 cooperativas socias e unha rede de Economía Social (ES).
A finalidade do programa é dobre, mellorar as condicións nas que as cooperativas abordan a función xerencial e impulsar procesos de mellora e crecemento, e tamén fomentar o emprego mellorando a capacitación de mozos-as mediante un proceso de iniciación profesional nas cooperativas e organizacións de ES.
O programa de bolsas está enmarcado:
Fotos: Titoras de EspazoCoop acompañando ás bolseiras na incorporación en cooperativas e entidades de ES.