debug-bar
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121machete
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 612124/04/2020
|con motivo do covid19|
Dende que o país está en estado de alarma con motivo da pandemia do covid19, as cooperativas tiveron ocasión, nesta complexa situación, de poñer en funcionamento servizos reorientados, ou de tipo especial para tratar de adaptarse, no posible, ao novo esceario e continuar coa actividade de xeito puntual, parcial ou total, e mesmo facer gala dos valores que porta o adn da economía cooperativa.
Esas características son as que permiten que as empresas cooperativas tomen decisións rapidamente para axustarse e adaptarse, por exemplo, pensando en clave virtual a súa actividade, e facendo do apoio mutuo, a solidariedade, e a prestación de soporte á comunidade os principais valores cooperativos nestes momentos (sen que esté exento de obstáculos e esforzo, por suposto).
O mundo cooperativo sabe ben que as estratexias, solucións, e achegas para que todxs gañen e tratar de saír dun entorno dificultoso, pasa pola cooperación estreita e intensa e por facelo xuntas/os, ao abrigo das redes e estruturas representativas do asociacionismo cooperativo autonómico e estatal, que están traballando para axudalas en todo o posible, e doutras redes que permitan intercambio permanente (de coñecemento, información, solucións…), para tratar de salvar as dificultades.
Queremos darlle visibilización ás cooperativas da cultura, da alimentación, do ensino, sociosanitarias, da dependencia, que fabrican material de protección… que son sectores dalgúns casos que escollemos, para mostrar estas labouras de cooperativas socias en plena pandemia:
Casos e boas prácticas de cooperativas socias
Destacamos iniciativas como a de Maier Ferroplast, do sector da automoción, que doa 1.500 pantallas protectoras a través da súa matriz Maier en Bizkaia, e as pon a disposición de cooperativas e entidades da economía social para facer fronte ao covid19 nos centros de traballo, en colaboración con Seragro e a Unión de Cooperativas EspazoCoop que prestan apoio loxístico e de coordinación.
Temos os exemplos das cooperativas de consumo e do sector da alimentación, como Árbore Consumo Consciente que a partir do estado de alarma pon en funcionamento o servizo Merca dende Casa e activa novas liñas comunicativas; e Bico de Grao que arranca cos envíos a domicilio.
No ámbito da cultura, a realidade de casos é moi variadada:
No sector sociosanitario, Unidade da Memoria Lémbrate achega actividades alternativas para esta situación: CuarentenaActiva. Link ao vídeo de entrevista na TVG: vídeo
Falando de sector ensino, o Colexio Possumus ten habilitada a Aula virtual para as estudiantes do seu centro, e atención telefónica ás familias, como máis colexios da Sectorial de Ensino en EspazoCoop.
No campo da prestación de servizos persoais, Enérxica, que se adican ao adestramento, está lanzando en aberto polas súas redes sociais un plan de adestramento que é asequible para todo o mundo. Atenden tódalas dúbidas das persoas e recomendan exercicio personalizado, sexan clientela da cooperativa ou non. Pero ademais, están no proceso de poder ofrecer pronto adestramentos online.
Aventeira, do ámbito do ocio e o tempo libre, ofrecéronse á administración autonómica para contribuír na creación de plans de seguridade sanitaria para as actividades propias do seu sector, específicamente en campamentos, xunto a entidades especializadas no eido sanitario, de xeito gratuíto. Prepararon un xogo online, U-lo Xurxo.
Teletraballo, Tecnoloxías e Internet
E poderíamos seguir, porque en EspazoCoop máis cooperativas pasáronse ao Teletraballo, están investigando e intentando adaptar eventos culturais ou outros proxectos presenciais (como cursos) a online ; contamos con empresas que manteñen o traballo en iniciativas que xa pasaron a formato virtual; e outras que, aproveitando a actualidade da pandemia, xeran proxectos novos de contido audiovisual para ofrecer á clientela…
O Teletraballo (para certos sectores), as Tecnoloxías e Internet, ofrecen nestes momentos a oportunidade de amosar as súas vantaxes á hora de servir ao desenvolvemento de actividade económica (de xeito parcial ou total) ou para ofrecer produtos e servizos novos. Pola súa parte as cooperativas teñen o reto de aproveitalas, de ‘subirse ao carro’ delas e realizar unha especie de ‘reconversión’ a través de distintos investimentos, de aquí ao futuro inmediato.