Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121
EspazoCoop - Espazo CoopCambios en formas e prazos nos procedementos por incapacidade temporal - Espazo Coop

Directorio /  Cambios en formas e prazos nos procedementos por incapacidade temporal - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Cambios en formas e prazos nos procedementos por incapacidade temporal

10/02/2016

Cambios en formas e prazos nos procedementos por incapacidade temporal

A cooperativa Algalia é un referente en temas de consultoría e asesoría, periodicamente informa de cuestións relevantes na xestión empresarial. Hoxe reflectimos unha información que nos chegou a través do seu boletín, de interese para o ámbito sociolaboral das empresas e das cooperativas, en concreto para os procedementos de baixa das persoas por incapacidade temporal.

Fonte: Algalia

Información de: Marta Armada Castro – Socia, Xefa de Equipo Asesoría Sociolaboral de Algalia

En relación á recente modificación legal sobre a obrigación de presentación dos partes de baixa, confirmación e alta de incapacidade temporal, a cooperativa Algalia concreta a información sobre o futuro tratamento dos partes relativos a incapacidade temporal:

A Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS) implantou o Sistema de Liquidación Directa de cotizacións da Seguridade Social. O obxectivo deste sistema é minimizar os erros e contrastar os datos con carácter previo á liquidación que se xerará de forma automática. Con este obxectivo a Inspección de Traballo pode sancionar as comunicacións dos partes de baixa, partes de confirmación e partes de alta que se realicen fora de prazo. Neste sentido os prazos legais establecidos son os seguintes:

COMUNICACIÓN DO/A TRABALLADOR/A Á EMPRESA

– Partes de baixa e de confirmación – no prazo de 3 días contados a partir da súa data de expedición.
– Partes de alta – dentro das 24 horas seguintes á súa expedición.

COMUNICACIÓN DA EMPRESA AO INSS (Instituto Nacional da Seguridade Social)

– Partes de baixa – 3 días (contados desde a data de entrega do traballador do parte de baixa á empresa).
– Partes de confirmación – 3 días (contados desde a data de entrega do traballador do parte de confirmación á empresa).
– Partes de alta – 3 días (contados desde a data de entrega do traballador do parte de alta á empresa).

Por tanto, é necesario que se rexistre a data de entrega do/a traballador/a á empresa do correspondente pois esa é a data de referencia para o cumprimento do prazo de comunicación ao INSS por parte da empresa. Sendo conscientes da dificultade de poder acreditar ante o INSS a posteriori a data na que o traballador fixo entrega dos partes, creemos conveniente que se establezan mecanismos de rexistro de devanditas entregas – arquivo de correos electrónicos, firmas dos documentos de baixa, confirmación e alta por parte do traballador con indicación da data de entrega por parte do mesmo, etc.-.

Adicionalmente, con data de entrada en vigor o 1 de decembro de 2015 entrou en vigor un novo sistema de expedición dos partes de baixa/confirmación/alta.

Para continuar informándote sobre este proceso (para ver o cadro de prazos de expedición que serán realizados normalmente por parte do facultativo do servizo público de saúde ou da mutua, e máis para coñecer as obrigas da empresa), fai clic : Cambios en formas e prazos en procedementos por incapacidade temporal.

 

 

Relacionado