Directorio /  Campamentos Arqueolóxicos de verán da man de Xeitura - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Campamentos Arqueolóxicos de verán da man de Xeitura

17/06/2015

Campamentos Arqueolóxicos de verán da man de Xeitura

Xeitura s. coop. galega, colabora co Concello de Celanova (Ourense) na organización dos Campamentos Arqueolóxicos de verán do Poblado de Castromao, serán no mes de agosto, do 3 ao 7 de agosto para nenas/os de 6 a 9 anos, e do 17 ao 21 de agosto para nenas/os de 10 a 13 anos, de luns a venres de 10 a 14 h.

A proposta lúdico-educativa contempla distintas actividades relacionadas co mundo castrexo, co fin de que os máis pequenos/as teñan un coñecemento sobre como era a vida nos antigos poblados na Idade de Ferro.
Haberá xogos e actividades de coñecemento sobra as casas, guerreiros, tecidos, cerámica e alimentos dos castrexos, exploracións arqueolóxicas e saídas culturais, incluíndo o xacemento próximo a Castromao. Tamén actividades sobre o patrimonio inmaterial de Terra de Celanova e,  unha festa de despedida coas familias, e se prevé pernoctar unha noite no poblado.

Máis información e inscricións na oficina de turismo de Celanova ou na Casa dos Poetas de Celanova. Contacto: 650 05 70 11 (Begoña).

E ademais, Xeitura, ven de abrir nova oficina no Festival de Xardíns de Allariz (Ourense).

 

 

Relacionado