Bo día,
Enviamos á Xunta, ao resto de partidos e ao Consello da Cultura Galega e aos medios de documentación o documento de recordatorio do sector de que agardamos a resposta da Xunta ás peticións que se lles fixeron o 20 de marzo. Informaremos das diversas respostas.
Tal como vos comentabamos enviamos unha petición e unha suxerencia:
A petición dende o Colectivo #Nonnoscanceles de que publiquedes nas vosas redes sociais as vosas principais peticións ás diversas administracións galegas.
Se é posible que usedes o hashtag #NonNoscanceles e #Eucoacultura (un ou os dous, o que consideredes).
Achéganse 6 imaxes con preguntas que dalgún xeito serven para resumir as principais peticións do sector.
Compartide as que vos parezan máis oportunas. NON ESTÁN PENSADAS PARA OS MUROS “OFICIAIS” DAS ENTIDADES, se non como algo a nivel individual nas redes persoais.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural
Xunta Directiva AGPXC
- Documento: 15 medidas sector cultura
- Fai clic, para descargar as imaxes de rrss :