Directorio /  CEPES e Banco Sabadell asinan un acordo para financiar a empresas de Economía Social - Espazo Coop Ir a espazo.coop

CEPES e Banco Sabadell asinan un acordo para financiar a empresas de Economía Social

02/02/2017

CEPES e Banco Sabadell asinan un acordo para financiar a empresas de Economía Social

[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” parallax_speed=”0.3″ video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” overlay_opacity=”0.5″ border_style=”solid”][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ layout=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding=”” margin_top=”0px” margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” center_content=”no” last=”no” min_height=”” hover_type=”none” link=””][fusion_text]

•  O acordo asinado entre CEPES e Banco Sabadell fai fincapé no acceso a liñas de financiamento.

•  Poderán acollerse ao convenio todas as organizacións e empresas integradas en CEPES.

A Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES) e o Banco Sabadell asinaron un convenio de colaboración que permitirá ás empresas deste sector empresarial ter acceso a condicións favorables de financiamento.

O convenio foi asinado por Blanca Montero, subdirectora xeral do Banco Sabadell, e o presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño.

Ambas entidades confirman con este convenio o seu apoio ás organizacións e ás persoas que integran este modelo social e empresarial máis participativo,  transparente e competitivo.

O obxetivo principal do acordo, que terá un prazo dun ano prorrogable, será atender as necesidades financeiras das empresas do ámbito de CEPES a través dunha amplia gama de servizos e produtos bancarios en condicións preferentes, así como establecer liñas especiais de financiamento.

Este acordo céntrase en atopar liñas de crédito e servizos, que permitan tanto o financiamento das vendas, o acceso a novos mercados nacionais e internacionais, así como a incorporación ás novas tecnoloxías, situacións todas elas de gran trascendencia para conquerir o obxetivo de incremento da competitividade na economía española.

O presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño, sinalou que “este convenio co Banco Sabadell é importante porque contribúe a solucionar unha necesidade das empresas da Economía Social, como é acceder a fontes de financiamento en condicións favorables, grazas ao cal poden mellorar a súa competitividade, crecer e seguir xerando emprego estable e riqueza económica e social”.

Fonte e imaxe: web de CEPES

 

[/fusion_text][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]

Relacionado