Directorio /  Cestola na Cachola pintará murais na Ribeira Sacra - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Cestola na Cachola pintará murais na Ribeira Sacra

19/08/2015

Cestola na Cachola pintará murais na Ribeira Sacra

A cooperativa Cestola na Cachola, nos próximos 2 meses pintará murais na Ribeira Sacra, nesta zona máxica e fermosa da Galicia interior. Serán 14 creacións para 14 concellos, baseadas cada unha na historia e lendas locais.

Esta iniciativa enmárcase nun proxecto promovido polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, e ademais outros 7 concellos do Consorcio contarán con murais pintados por Abraham Caride.

Cestola comezan esta semana no concello de Sober e a lenda da Pena da Serpe de Vilaescura. Estade atent@s para coñecer o resultado e seguir a ruta de murais por outros concellos da comarca.

Segue a Cestola na Cachola nas redes, preme aquí.

 

Relacionado