Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121
EspazoCoop - Espazo CoopCulturactiva pon en marcha crowdfunding para financiar o Festiclown Palestina 2014 - Espazo Coop

Directorio /  Culturactiva pon en marcha crowdfunding para financiar o Festiclown Palestina 2014 - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Culturactiva pon en marcha crowdfunding para financiar o Festiclown Palestina 2014

13/12/2013

Culturactiva pon en marcha crowdfunding para financiar o Festiclown Palestina 2014

A cooperativa Culturactiva, trasmite a seguinte mensaxe :

“Se sempre quixestes colaborar co Festiclown Palestina e non tivestes a oportunidade, agora podedes”.

Entán empregando a plataforma de crowdfunding Verkami, a través da que poder achegar unha cantidade económica coa que facer posible que a segunda edición do Festival sexa unha realidade entre o 12 e o 20 de xaneiro deste ano que xa chega. “Permitídenos volver botar a nave do circo e a risa rebelde.”

Ademais comentan :

A esperanza, a risa e fraternidade son necesarias xa que cerca de medio millón de refuxiados/as palestinos/as están en Líbano e a maioría de eles/as viven nos campamentos en situacións de extrema dificultade.

Ademais, a actual crise provocada polo conflicto en Siria incrementa día tras día o número de desprazados/as, palestinos/as e sirios/as, empeorando as súas condicións debido á falta de recursos.

Por todo o anterior, Paiasos en Rebeldía decide trasladar o Festiclown Palestina ata o Líbano. Un festival solidario de clown que trata de paliar as consecuencias psicolóxicas dun conflicto interminable e o seu conseguinte éxodo ademáiss de fomentar, xunto ás contrapartes locais, as artes circenses, o clown e a risoterapia entre a población refuxiada, fundamentalmente nenos/as e xuventude, como unha alternativa psicolóxica e social á situación de conflicto na que viven.

PARA QUE NECESITAMOS  AS VOSAS APORTACIÓNS?

As achegas recibidas destinaranse a sufragar os gastos de organización do festival, como son o desprazamento dos artistas ata o Líbano, o seu aloxamento e a súa alimentación oito días, transporte para ir dun campo de refugiados/as a outro  ou aluguer de equipos de son, entre outros.

COMO FACER AS APORTACIÓNS ?

Accede dende este enlace :  http://www.verkami.com/projects/7435-festiclown-palestina-en-el-libano-2014

CALENDARIO PREVISTO

Dada a cercanía co evento, o calendario de producción é inmediato e dende Paiasos en Rebeldía xa están organizando o proxecto para poder dar inicio ao Festiclown Palestina o 12 de xaneiro 2014.

 

Relacionado