20/06/2018
Un ano máis, a Secretaría Xeral de Emprego quere unirse ao festexo do “Día do cooperativismo” que ten lugar cada primeiro sábado de xullo. Así pois, co fin de facer partícipes desta celebración a todas as cooperativas galegas, e a todas as persoas que traballan a prol do cooperativismo, convidando a que asistades o próximo sábado 7 de xullo ao acto de celebración do Día do Cooperativismo Galego 2018 que terá lugar no Porriño, na sede da cooperativa Maier Ferroplast.