Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121
EspazoCoop - Espazo Coop"Emprende VGA 2017" unha iniciativa do Concello de Vilagarcía e o coworking DalleqDalle S. Coop. Galega - Espazo Coop

Directorio /  "Emprende VGA 2017" unha iniciativa do Concello de Vilagarcía e o coworking DalleqDalle S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

“Emprende VGA 2017” unha iniciativa do Concello de Vilagarcía e o coworking DalleqDalle S. Coop. Galega

05/05/2017

“Emprende VGA 2017” unha iniciativa do Concello de Vilagarcía e o coworking DalleqDalle S. Coop. Galega

Emprende Vilagarcía de Arousa 2017. Do 4 de maio ao 20 de xullo:

Promovido polo Concello de Vilagarcía e baixo a coordinanción técnica da cooperativa DalleqDalle, Emprende VGA, ofrece un ano máis : Oportunidades, innovación e networking, e ofrecerá cursos, charlas, e a primeira aceleradora de empresas de O Salnés (unha iniciativa de formación e asesoramento).

A aceleradora desenvólvese ata finais de xullo, e trátase dunha serie de sesións informativas, obradoiros de intercambio de experiencias, acompañamento, titorización de proxectos, e tamén de actividades de networking. Abordarán os aspectos máis destacados para desenvolver un proxecto empresarial cun enfoque participativo.

Na etapa final da aceleradora selecciónanse os mellores proxectos, aos que se lles fará un seguimento individual e tratarán de que as persoas promotoras acaden o financiamento preciso para poñelos en marcha.

O foco de atención da aceleradora centrarase no potencial tecnolóxico, innovador, ambiental, económico, cultural, e social da Comarca do Salnés.

Podes informarte e inscribirte nas distintas accións que propoñen desde Emprende VGA premendo aquí.

 

Relacionado