Directorio /  En setembro, sigue formándote coa nosa formación gratuíta! - Espazo Coop Ir a espazo.coop

En setembro, sigue formándote coa nosa formación gratuíta!

04/08/2014

En setembro, sigue formándote coa nosa formación gratuíta!

Ugacota continua coa súa programación de formación, na modalidade de teleformación, enmarcada no convenio entre a Confederación COCETA e a Fundación Tripartita.

Desta volta, durante os meses de setembro e outubro temos programados 4 cursos, gratuítos, dirixidos a persoas socias e asalariadas de empresas da economía social. Na táboa seguinte tes toda a información, premendo sobre o nome do curso podes ver o programa e contidos, premendo sobre “inscribirse” abrirase o formulario de inscrición que che permitirá facernos chegar a túa solicitude de participación.

CURSODURACIÓNDATA INICIODATA FININSCRICIÓNOBXECTIVO
Iniciación a la Cooperativa de Trabajo 3409/09/201407/10/2014InscribirseProporcionar coñecementos básicos sobre o cooperativismo de traballo e o modelo de xestión cooperativa.
La Responsabilidad Social Empresarial en las cooperativas3409/09/201407/10/2014Inscribirse     Achegarse ao concepto de responsabilidade social empresarial e como integrala no sistema de xestión da cooperativa.
Prevención de Riesgos Laborales6409/09/201414/10/2014InscribirseAdquirir as capacidades e coñecer as ferramentas necesarias en materia de prevención de riscos laborais.
Manipulador de Alimentos1009/09/201422/09/2014InscribirseAprender as técnicas de manipulación de alimentos.
Coñecer os mecanismos de hixiene para evitar posibles contaminacións.

Agardamos que esta programación sexa de interese. Para calquera consulta ou suxestión podedes dirixirvos a:

Coordinación da formación en UGACOTA: patane@ugacota.coop — 697877773

Inscricións e impartición da formación: Tagen Ata, S.Coop.Galega: cooperativa@tagenata.com — 881 939 142

Relacionado