17/03/2017
Espazocoop ven de iniciar neste mes de marzo unha programación de actividades formativas en modalidade presencial para o ano 2017 dentro do marco da Rede Eusumo, que se prolongará ata o mes de setembro en distintas localidades e centros da Rede de toda Galicia.
Marzo estrou a programación de obradoiros presenciais con cursos en Vilagarcía de Arousa, no centro da Rede Eusumo Dalle que Dalle s. coop. Galega, co taller de “Formación cooperativa para persoas que queren emprender” e co de “Por que non traballamos en equipo?”, ademais ten previsto outra edición de formación cooperativa en Salceda de Caselas na última semana do mes (preme aquí).
A Unión de Cooperativas Galegas impartirá, de marzo a setembro, varias edicións de 9 tipos de obradoiros, e a través deles trabáballanse distintos contidos e temáticas ao redor do cooperativismo e a economía social, co fin de dalo a coñecer e promover este sector. O programa está apoiado con fondos públicos do goberno galego, polo que os talleres son de acceso gratuíto, previa inscrición. A previsión da Unión é realizar máis de 25 obradoiros, impartir máis de cincocentas horas de formación en cooperativismo e economía social, e capacitar a máis de trescentas persoas.
Rede Eusumo: Espazocoop forma parte da Rede Eusumo que é unha rede impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia.
A Rede procura o fomento da aptitude emprendedora prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social. A través da Rede Eusumo:
Accións formativas presenciais: As accións formativas que Espazocoop impartirá na súa programación de formación da Rede Eusumo 2017, de marzo a setembro, son estas:
Destinatarias: A formación está dirixida a todo tipo de colectivos en xeral con interese no modelo cooperativo, e tamén enfocada para grupos de emprendemento e proxectos colectivos, e como non? para as cooperativas.
Formación con certificación: A formación ten posibilidade de certificación. Neste sentido, suliñar tamén que parte dos obradoiros son baremables para a obtención do permiso de explotación marisqueira no sector marítimo, porque é capacitación de interese e utilidade para o impulso e mellora deste sector, están incluídos no Catálogo de Actividades da Consellería do Medio Rural e do Mar.
Oferta noutras modalidades: Por último avanzar que a unión de cooperativas galegas Espazocoop tamén vai a programar formación en modalidade de teleformación a partir de abril, con 6 tipos de cursos e coa previsión de realizar dez accións, que se suma ao plan formativo previsto para este ano, e amplía a oferta. Serán os seguintes cursos que se enfocan en áreas específicas en materia cooperativa:
+ Información:
Na páxina web de Espazocoop iranse publicando e difundindo as programacións previstas mes a mes, e tamén se divulgarán a través das súas redes sociais (facebook – twitter) . Ademais podes contactar coa Unión.