debug-bar
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121machete
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 612107/05/2015
GALICIA ECONOMÍA SOCIAL CREATIVA EN ZINC SHOWER MADRID, 8 E 9 DE MAIO |
Grazas ao apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Xunta de Galicia; e o Consello Galego de Cooperativas a través da Rede Eusumo, este ano estaremos presentes outra vez no Meeting show da Economía Creativa e Colaborativa, ZINC SHOWER 2015, no Matadero de Madrid o 8 e 9 de maio dentro dun programa con máis de 120 actividades relacionadas co emprendemento, a tecnoloxía, as tendencias, a creatividade, a innovación, a economía colaborativa e o crowdfunding; onde se dan cita emprendedores, inversores, profesionais de todos os ámbitos, institucións públicas e privadas, PEMES, patrocinadores, estudiantes e medios de comunicación. Dous días cheos de actividades formativas, zonas expositivas e miles de profesionais onde participaremos co seguinte Programa de actividades |
Venres_8 de Maio 13:00-14:30h / TALLER #ZINCLAB Dinamizar – Empoderar – Dinami(t)ar: como activar procesos colectivos_XENEME Este obradoiro aborda as formas en como as comunidades e organizacións enfróntanse aos retos e de como se poden usar eses procesos como disparadores do cambio e o emprendimiento social. Traballarase sobre o proceso D-E-D(t) para descubrir as súas claves, as súas utilidades e as súas fontes e veranse exemplos de comunidades e analogías con outras disciplinas. Desde unha aprendizaxe vivencial, neste taller elaborarase unha boa potaxe de ideas e experiencias compartidas para alimentar o espírito do emprendemento social. |
Venres_8 e sábado_9 de Maio TODO o día DE forma INTERMITENTE / Stand do Consello Galego de Cooperativas, área ZINC PRO PROTESTÓDROMO 7H Baseándonos na idea do protestódromo de Cuba, pretendemos dinamizar a actividade das casetas poñendo a disposición de todo o que pase por alí e queira participar, un megáfono e unha peana á que subirse para protestar. A nosa idea é a de fotografar aos participantes cun bocadillo con diferentes frases de protesta relacionadas co ámbito cultural, dando un toque ameno á actividade. |
Sábado_9 de Maio 13:10-13:30H / Stand del Consello Galego de Cooperativas, área ZINC PRO Que comen os músicos para ser creativos? Falaremos dos seus pratos favoritos? Quizá, pero o que realmente queremos é compartir contigo uns minutos, mentres paladeamos un delicioso queixo de tetilla, para atopar fórmulas de colaboración se a túa idea ou negocio está relacionada coa música. 10D10 somos unha axencia de representación de artistas de A Coruña, onde tamén xestionamos a programación dunha sala de concertos, Mardi Gras, con máis de 1.600 bolos sobre as súas táboas. 19:00-20:00H / Nave 16: Zinc School Zinc Talk_PECHA-KUCHA PRESENTACIÓN_7H COOPERATIVA CULTURAL Se queremos, podemos_INPREGA TIRA DO CABLE_O CABLE INGLÉS Sira e o Robot. Adventures on Titán_REXENERANDO |
![]() |
![]() |
![]() |