13/12/2016
O I Foro de Economía Social Inspiradora. Emprender na Adversidade celébrase por primeira vez en Santiago o xoves 15 de decembro no Cersia, dado o interese que ten o Concello de Santiago por estimular a promoción económica centrada nas persoas como motores de cambio, e na responsabilidade empresarial como factor clave do emprendemento sostible.
Charlas, dinámicas e actividades onde se combinan experiencias reais con dinámicas grupais que axuden a superar a negatividade, afrontar retos e establecer redes de colaboración.
Neste foro tamén queren coñecer e recoñecer o traballo de empresas con valores sostibles, igualitarios e solidarios.
O foro ten polo tanto varias vertentes complementarias entre si :
A economía centrada nas persoas. Autoestima e motivación persoal e profesional
A autoanálise permite identificar habilidades e talentos que permitan recuperar a autoestima persoal e profesional. Programas como Aposta por ti, ou o Proxecto Colabora no marco do Compostela móvese, pensan que promoven a recuperación da autoestima e motivación como motor de cambio que parte de un mesmo, tanto á hora de buscar traballo por conta allea, como para emprender por conta propia.
A resiliencia empresarial e a crise para transformar. Charlas inspiradras
Coñecedoras dunha situación percibida como adversa para emprender, no foro queren presentar un cambio de enfoque, de forma que unha época de crise económica poda ser percibida como época de cambio de modelo económico e, polo tanto, de oportunidades para emprender. Neste caso, contarán coa experiencia de tres persoas emprendedoras con perfiles moi distintos, que foron capaces de superar fracasos e adaptarse aos cambios dunha nova situación na que emprender con conciencia e valores como clave do éxito.
Nestas charlas participarán:
A economía social
A Economía Social no marco deste foro non só estará centrada nas formas xurídicas de empresas, senón que o enfoque é moito máis amplo. O foro quere ir máis alá falando da necesidade de colaborar, aproveitar as sinerxias entre empresas ou sumar esforzos para crear redes de traballo que permitan desenvolver proxectos conxuntos. Ao igual que están facendo no marco do Compostela móvese, cos Adestramentos colaborativos que buscan establecer esas alianzas entre persoas que podan derivar no deseño e implantación de proxectos en rede co apoio do concello de Santiago.
Contarán coa ponencia de Coop57 unha cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios que recada aforro da sociedade para canalizalo para financiar proxectos de economía social e solidaria. Proxectos que proporcionen un valor engadido ao conxunto da sociedade.
E contarán tamén con entidades relacionadas coa Economía Social (A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Ugacota, AESGAL e AEIGA), e se presentarán os resultados do informe sobre Economía Social en Santiago de Compostela.
Fai clic na imaxe para consultar a programación do Foro: