24/09/2013
A Rede Galega contra a Pobreza – EAPN convídanos ao III Foro que baixo o lema “Un investimento, non un gasto” organiza xunto á Coordinadora Galega de ONGD e o CERMI Galicia os vindeiros 3 e 4 de outubro na Escola Galega de Admón Pública (EGAP) en Santiago de Compostela co apoio do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad e da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia (a través das D.X.de Xuventude e Voluntariado e de Familia en Inclusión)
Este III Foro pretende continuar a ambición e o traballo das anteriores edicións e contribuir a situa-la realidade da pobreza e a exclusión social en Galicia no primeiro plano da axenda política e mediática e visibiliza-la importancia que o Terceiro Sector de Acción Social e o Voluntariado teñen na implantación de políticas de inclusión social.
Ante o avance da desigualdade e a exclusión, preténdese tratar o concepto de pobreza eliminando fronteiras, ainda que o groso sexa para analizar a realidade galega ou española. O Foro non pretende ser un encontro pechado as federacións organizadoras, senón que se abre a expertos de entidades sociais, colexios e asociacións profesionais, Universidade, ou de representantes da Xunta de Galicia no eido dos servizos sociais e a inclusión activa.
Neste III Foro traballarase en base a tres prioridades:
Dende a AEPN convídannos asistir ao Foro, as inscricións pódense facer neste enlace:
O custe xeral da matrícula é de 15€., Estudantes ou personas en situación de desemprego 10€ e Gratis para persoas voluntarias ou profesionais das entidades membro de EAPN Galicia, CERMI ou Coordinadora ONGD.
Para calquera dúbida, escribir a info@eapn-galicia.com