debug-bar
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121machete
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 612122/01/2021
Presentamos novas socias de EspazoCoop de recente incorporación. Deixámosvos a súa referencia para coñecelas un pouco, que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo cooperativo, para intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para outras relacións profesionais.
ALÉN | Solucións en economía circular e sustentabilidade.
A cooperativa ofrece solucións en economía circular e sustentabilidade ás diferentes organizacións do
tecido económico e social galego, como vía para mellorar a súa competitividade, disminuíndo o impacto ambiental e integrando a perspectiva social nos proxectos.
As súas 4 liñas de negocio son:
– Consultoría enfocada á diagnose e análise, desenvolvemento estratéxico, e proxectos de innovación, ofrecendo servizos tales como: análise de circularidade, integración de estratexias circulares nos modelos de negocio, simbiose industrial, ecodeseño, análise de ciclo de vida, medición de pegada de carbono, ou a integración da Responsabilidade Social Corporativa (análise de grupos de interese e materialidade, desenvolvemento de políticas internas, reporting, medición de impacto, certificacións…).
– Divulgación e formación sobre sustentabilidade e economía circular para facilitar a transición cara modelos circulares en formato de cursos, charlas e webinars.
– Investigación e innovación desenvolvemento métodos, modelos e mecanismos en cooperación con universidades e organizacións, e mentorizando novos proxectos de innovación.
– Incubación de proxectos ó abrigo da cooperativa, xerando novos modelos de negocio que den solución a retos sociais e ambientais que pola súa natureza non poderían ser resoltos por entidades ailladas.
Para ALÉN a economía circular plantexa novos modelos de producción e consumo. Está baseada na natureza na que, por definición, non existe o concepto de residuo, xa que é rexenerativa por deseño. Inspirándonos neste modelo, o obxetivo de ALÉN é acelerar a integración da economía circular nas organizacións e estruturas sociais como vantaxe competitiva, acelerando a transición cara un futuro sustentable, demostrando que a economía circular é unha alternativa moito máis rentable que o sistema lineal predominante (extraer-producir-consumir-tirar), no que o valor dos materiais e produtos se perde na súa fase de fin de vida.
Son unha cooperativa de traballo ubicada en Oleiros (A Coruña).
SHANTAVIRA | Ofrece clases para la práctica do Ioga, Chikung, Meditación, Pilates, Relaxación, Flores de Bach, Kinesioloxía, Reflexoloxía, e Terapias Manuais Integrativas.
SHANTAVIRA ademais venden roupa sostible, cosmética orgánica e artesanía.
Trátase dunha cooperativa de traballo da cidade da Coruña.
Facebook: https://www.facebook.com/shantavira.coop
PRAXXIS INCLUSIÓN | A cooperativa realiza traballos no ámbito dos servizos sociais para mellorar a calidade e condicións de vida das persoas con discapacidade, así como para a súa inclusión, xa sexa social, laboral, cultural, educativa ou económica, considerada de forma individual e colectiva.
PRAXXIS INCLUSIÓN fan actividades de deseño especializado: deseños accesibles, deseño para todas e todos da accesibilidade universal, deseño de modelos triple balance, mentoring de persoas emprendedoras con necesidades especiais, así como actividades recreativas e de entretemento.
Son unha cooperativa de traballo ubicada en Perbes, Concello de Miño (A Coruña).