09/01/2020
O 27 de Decembro de 2019 foi publicada no Diario Oficial de Galicia: a Lei de medidas fiscais e administrativas.
1| Réxime de Deduccións no tramo autonómico do IRPF
Na Lei de medidas fiscais e administrativas se inclúe un suposto de Deduccións no Imposto da Renda: deduccións por investimento en sociedades coopeativas de nova creación de dúas persoas socias.
«a) A participación do contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou das persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40 % nin inferior ao 1 % do capital social da sociedade obxecto do investimento ou dos seus dereitos de voto en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. O límite máximo de participación no capital social non se aplicará no caso de sociedades laborais ou cooperativas compostas unicamente por dúas persoas socias, mentres se manteña esta circunstancia.».
[Páxina 55249 e seguinte da Lei de medidas fiscais e administrativas publicada.]
2| Modificacións na Lei de Cooperativas de Galicia
Ademais a Lei inclúe dúas modificacións da Lei de Cooperativas de Galicia, relativas a convocatoria de asembleas e contratación de persoas con discapacidade (artigos 34 e 11o):
«1. A asemblea xeral será convocada sempre mediante un anuncio exposto publicamente no domicilio social da cooperativa e en cada un dos demais centros en que desenvolva a súa actividade.
Ademais, a convocatoria será notificada ás persoas socias, ben por carta ao seu domicilio ou ben a través de medios electrónicos, se así o establecen os estatutos ou a persoa socia manifesta a súa preferencia pola notificación practicada por medios electrónicos. Os estatutos poderán establecer, ademais, outras formas de publicidade para facilitar o seu coñecemento por todas as persoas socias.
A convocatoria farase pública cunha antelación mínima de quince días no suposto de asemblea ordinaria e dez días no de asemblea extraordinaria, e cun máximo de dous meses respecto da data da realización da asemblea xeral.».
Dous. A letra d) do número 1 do artigo 110 queda redactada como segue:
«d) O persoal traballador contratado en virtude de calquera disposición de fomento do emprego de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social.».
[ Páxinas 55338 e 55339 da Lei publicada.]
3| Material divulgativo das medidas e novidades de interese elaborado pola Rede Eusumo
Para facilitar o acceso e comprensión destas modificacións, a Rede Eusumo pon a disposición unha serie de materiais divulgativos nos que se recolle a información de especial interese. Se desexa acceder a este material, poderao facer a través da seguinte ligazón: Modificacións dos artigos 34 e 110 da Lei de Cooperativas de Galicia
Así mesmo, modificouse o réxime de deducións no tramo autonómico do IRPF por achegas a cooperativas e sociedades laborais, entre outras. Se o desexa pode consultar o material divulgativo sobre a Deducción no Imposto da Renda, aquí.