05/02/2021
A Lei 4 de Medidas Fiscais e Administrativas -publicada o 29 de xaneiro no Diario Oficial de Galicia- inclúe a modificación dos artigos 35, 36 e 39 da Lei de Cooperativas de Galicia (Lei 5/98) e a incorporación de disposicións adicionais décima e décimo primeira que supoñen cambios normativos para facilitar a celebración, participación e toma de decisións, da asemblea.
As modificacións van dirixidas a:
– Posibilitar a celebración da asemblea fora da localidade na que ten o seu domicilio social da cooperativa, por circunstancias sobrevidas, tendo que motivar o cambio e a elección (máis alá de que os Estatutos ou o órgano de administración o establezan, que xa estaba contemplado).
– Ampliar a posibilidade de celebrar asembleas telemáticas ou mixtas sen necesidade de que o recollan os Estatutos e relaciona as garantías de identificación, representación, participación e voto (así como o seu segrego cando sexa o caso).
– Posibilita a representación dunha persoas socias por outra, sen necesidade de que o recollan os Estatutos e permite actuar en representación de ata 10 persoas (ata agora só 2). Se quen representa asiste por medios telemáticos, na convocatoria da asemblea debe establecerse como se vai acreditar.
– Posibilita a celebración de asembleas de segundo grado integradas por persoas delegadas en xuntas preparatorias, aínda que os Estatutos non o prevexan, cando haxa circunstancias que dificulten á asistencia á asemblea. O Consello reitor debe xustificalo e establecer criterios que comunicará coa convocatoria.
Ademais se propoñen medidas temporais, en previsión de como evolucione a pandemia:
As modificacións serán aplicables dende o 30 de xaneiro de 2021, con independencia do que dispoñan os Estatutos Sociais, non obstante cando se realice unha modificación de Estatutos, ou se redacten uns novos, deberán adaptarse ao disposto no texto actualizado da Lei de Cooperativas de Galicia.
O TEXTO das modificacións da Lei de Cooperativas de Galicia pode consultarse NESTE ENLACE
(O texto íntegro no DOG da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, pode consultarse aquí)