Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121
EspazoCoop - Espazo CoopO consumo consciente aberto para coidar de nós | ÁRBORE cooperativa - Espazo Coop

Directorio /  O consumo consciente aberto para coidar de nós | ÁRBORE cooperativa - Espazo Coop Ir a espazo.coop

O consumo consciente aberto para coidar de nós | ÁRBORE cooperativa

27/03/2020

O consumo consciente aberto para coidar de nós | ÁRBORE cooperativa

O consumo consciente aberto para coidar de nós

ÁRBORE cooperativa

As cooperativas de consumo na crise do coronavirus continúan traballando, convén poñer en valor a cooperativas como ÁRBORE CONSUMO CONSCIENTE en Vigo, de produtos de alimentación, fogar e hixiene ecolóxicos, que dende o inicio do estado de alarma adaptou os seus servizos para as socias e usuarias e mantén unha liña comunicativa para informar dos cambios.

En Árbore non pecharon, pero si valoraron aplicar medidas cos obxetivo de diminuír a exposición de traballadoras, socias e demais clientela ao contaxio e facilitar o cumprimento das medidas adoptadas pola administración. Tamén tomaron medidas para adaptar o servizo para aquelas persoas máis vulnerabéis.

Iso concretouse en modificación de horarios de apertura da Tenda, atención de pedidos por teléfono, e outras medidas de reorganización interna para garantir o bo funcionamento da cooperativa.

Están sempre en contacto directo coas súas provedoras e transmiten que están comprometidas con manter o subministro facendo todos os esforzos necesarios, o que non quita que polo excepcional da situación puidesen xurdir dificultades puntuais, pero tranquilizan para quitar preocupación por ningún problema grave de desabastecemento.

NOVO SERVIZO “merca dende casa”

As explicacións sobran, dende esta cooperativa de consumo puxeron en marcha un novo servizo para mercar dende a casa.

Árbore prepara os pedidos polas tardes a porta pechada, “Merca dende casa” funciona enviando o pedido por correo electrónico, iso si, toca facelo un pouco a cegas, o persoal de Árbore compra por ti na tenda, animando a usar facturas anteriores, listas da compra e a experiencia da clientela para facer a compra.

Os pedidos os preparan de martes a xoves (inluídos) e poden recollerse ao día seguinte. En horario de tarde non permiten o acceso á tenda, sacan o pedido á porta para a súa recollida e priorizan os pagos por transferencia. Ademais, contan con voluntariado para buscar solucións de entrega para persoas de grupos de risco ou en situación de corentena.

Árbore adáptase ás necesidades e coida ás persoas.

[ EspazoCoop conta entre as súas asociadas con outras Cooperativas de Consumo alimentario como: Panxea ou Zocaminhoca ]

 

 

Relacionado