29/01/2016
REAS Galicia celebrou o pasado sábado 23 de xaneiro en Ordes o I Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia, que baixo o lema: Intercooperar !! conseguiu darlle visibilidade e coñecer directamente ás persoas que forman parte do sector, creando ou revitalizando espazos de intercooperación.
Participaron máis de 100 persoas pertencentes ou interesadas na economía alternativa e solidaria galega. O encontro tivo lugar na Praza de Abastos de Ordes nun ambiente informal e cheo de bos momentos como o fin de festa a cargo do grupo La brizna de paja.
Presentamos unha mostra gráfica do encontro :
[fusion_builder_container hundred_percent=”yes” overflow=”visible”][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding=”” margin_top=”0px” margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”no” center_content=”no” min_height=”none”]
REAS GALICIA agradece a tod@s a colaboración e a participación nesta iniciativa, por facer deste encontro un lugar para a cooperación e un camiño para seguir avanzando na economía alternativa e solidaria.
Participaron entre outras:
Som Energia, La Canalla, A Estruga Espazo Agroecolóxico, Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega, Cooperativa Ribeira do Navia, Casa turística A Palleira de Tronceda, Bico de Grao Cooperativa, Cestola na Cachola, Xeira Consultora S. Coop. Galega, Proxecto Integral Compostela – PIC, Feitoría Verde, ODS Coia, Federación de Cooperativas Sinerxia, AIS O Peto ou Rede SAL, The foum monster, Senda nova, Catro ventos, Zocamiñoca, A Gavela, Cidadanía, Cousas da Terra, Outra forma de vivenda …
O Encontro desenvolveu distintas actividades, como :
[/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]