17/11/2014
Os días 19 e 20 de novembro celébranse as Xornadas: Ideas e Prácticas en Economía Social. Están organizadas por Oxfam Intermón, Ecos do Sur, Ong Mestura, colabora a cooperativa de consumo Zocamiñoca, e están apoiadas pola Xunta de Galicia. Na súa programación está prevista a participación de varias cooperativas de traballo.
Estas xornadas celébranse no Centro Social dos Mallos, na Avda. de Arteixo 147 en A Coruña, de 16 a 21 horas.
Este é o programa previsto:
Mércores 19 de novembro
16:00h – Presentación das Xornadas
16:30h – A Feira: Iniciativa colectiva de Economía social na Coruña
17:00h – O Comercio Xusto dentro da economía social (Alberto Abad, Oxfam Intermón)
18:00h – Pausa
18.30h – Mesa Redonda. Diáspora e Economía Social: Unha mirada transnacional
Xoves 20 de novembro
16:00h – Experiencias prácticas e cercanas de empresas dentro da Economía Social. Dificultades atopadas na posta en marcha. Formato World café
17:45h – Pausa
18:15h – Pensando o meu futuro dentro da economía social. Tipos de empresas e lexislación que compete. Resolución de problemas legais. Gonzalo Gesto, avogado e membro da Cooperativa Panxea (Compostela).
19:00h – La Re-Vuelta al campo. Gustavo Duch. Escritor.