Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121
EspazoCoop - Espazo CoopAta o 3/out. as Cooperativas de Ensino poden inscribirse no 8º FORO DE INVESTIGACIÓN XUVENIL - Espazo Coop

Directorio /  Ata o 3/out. as Cooperativas de Ensino poden inscribirse no 8º FORO DE INVESTIGACIÓN XUVENIL - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Ata o 3/out. as Cooperativas de Ensino poden inscribirse no 8º FORO DE INVESTIGACIÓN XUVENIL

27/09/2018

Ata o 3/out. as Cooperativas de Ensino poden inscribirse no 8º FORO DE INVESTIGACIÓN XUVENIL

8º FORO DE INVESTIGACIÓN XUVENIL

Cooperativas de Ensino! Convidámosvos a participar nesta actividade co voso alumnado!

A Sectorial de Ensino da Unión de Cooperativas EspazoCoop colabora na organización do 8º FORO INTERCOMUNITARIO DE INVESTIGACIÓN XUVENIL que se promove dende a cooperativa Claimo (Colexio Alborada – Vigo) e o Institut El Cairat (Barcelona) para os días 22, 23, e 24 de novembro en Vigo.

Os colexios cooperativos aínda estades a tempo de sumarvos a esta iniciativa que é portadora de valores e competencias cooperativas, e que resulta ser unha experiencia moi enriquecedora para toda a comunidade educativa.

>> Que se busca?
Promover a investigación, o traballo en equipo, o intercambio, e a divulgación 

Preténdese promover a investigación entre o alumnado, empregando a aula, o laboratorio, o entorno e os medios materiais axeitados para adquirir as competencias básicas e motivalas no estudo práctico das ciencias experimentais, humanísticas, lingüísticas, etc., ademais de divulgar esta experiencia á comunidade escolar para que tamén se sumen a este tipo de actividades.

E que outros obxetivos ten?

–  Potenciar a investigación das alumnas e alumnos de secundaria e metodoloxías que promovan a análise, a creatividade e o inxeñio do alumnado.
– Fomentar a investigación como metodoloxía.
– Impulsar a difusión do seus resultados e a comunicación da ciencia.
– Introducir dinámicas que potencien o interese pola ciencia en xeral.
– Propiciar o acercamento das diferentes comunidades autónomas e o fomento da convivencia entre mozos e mozas de diferentes comunidades.

>> Quen pode participar?

– As Cooperativas de Ensino e outros Centros de Ensino
– O alumnado de secundaria, estudiantes da ESO (entre 1º e 4º)
– Excepcionalmente alumnado da última etapa de primaria (quinto e sexto)

>> Como é a divulgación dos Traballos de Investigación no Foro?

Os traballos se expoñen mediante presentación oral co apoio tecnolóxico que precise o grupo de alumnas/os, durante un máximo de 10 minutos (co apoio de power point, prezi…)

>> Cales son os ámbitos dos traballos?

Os ámbitos dos traballos están abertos a calquera tema que fora  investigado e estudado con rigor e seguindo as pautas do método científico.
>> Onde e cando se celebra o Foro?

Lugar: Vigo (pendente de pechar a sede) | Días: 22, 23 e 24 de Novembro de 2018

(Os días 22 e 23 destinados á actividade divulgadora do Foro, e o 24 destinado a unha visita cultural opcional)

>> Inscrición

Para participar no 8º Foro simplemente tes que cubrir a seguinte ficha de inscrición neste enlace: INSCRICIÓN – Prazo: Antes do 3 de Outubro de 2018

En edicións anteriores xa participaron colexios cooperativos asociados a EspazoCoop como o Colexio Santiago Apostol, Colexio Abrente, Colexio Possumus ou o Colexio Alborada, así que animámoste a participar nesta experiencia, podes contactar con :

Alberto García do Colexio Alborada que estará á vosa disposición para apoiarvos na participación e resolver as dúbidas que vos xurdan: alberto_garcia05@hotmail.com – 605 887 853

Na Unión de Cooperativas EspazoCoop tamén quedamos á vosa disposición.

Links de interese sobre Foros anteriores:

7º Foro Investigación Xuvenil (Programa)

Galería de fotos do 6º Foro

Galería de fotos do 7º Foro

 

Relacionado