Directorio /  Pode ser o cooperativismo unha alternativa ao capitalismo? - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Pode ser o cooperativismo unha alternativa ao capitalismo?

04/09/2012

Pode ser o cooperativismo unha alternativa ao capitalismo?

 

A entidade ethical-consumer (www.ethicalconsumer.org) propón un concurso de ensaios sobre alternativas ao capitalismo.

Como sería o mundo se a maioría dos negocios fosen cooperativos? Sería máis xusto e sustentable? E que se necesita para chegar a esa realidade? O concurso de ideas de Consumo Ético foi pensado para explorar estas ideas en tempos onde xorden interrogantes importantes arredor do actual modelo económico.

Podes presentar un texto en inglés de entre 2.000 e 6.000 palabras antes do 5 de outubro deste ano. Os premios serán entregados no marco da Feira mundial de Mánchester que se vai celebrar entre o 29 de Outubro e 3 de Novembro próximos e están dotados económicamente con 1.500, 500, 500 e 200 libras esterlinas. (1º.2º,3º e 4º premio)

Artigo relacionado: http://www.aciamericas.coop/Consumo-Etico-lanza-concurso-de

Concurso: http://www.ethicalconsumer.org/cooperativealternative.aspx

Relacionado