debug-bar
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121machete
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 612127/11/2020
Froito da colaboración entre a Sectorial de Ensino da Unión de Cooperativas e ARÇ Seguros Éticos e Solidarios, deseñouse un Portal de Seguros especificamente para as escolas cooperativas e os centros de ensino de economía social de Galicia.
O Portal
O portal espazacoop.arc.coop permítevos unha contratación práctica e sinxela dos seguros. Os produtos que atoparedes no portal están pensados para responder ás necesidades e obrigas aseguradoras das escolas cooperativas.
O Seguro Ético
Para Arç Cooperativa, o seguro xestionado con criterios éticos e solidarios proporciona beneficios sociais que hai que facer agromar e introduce as prácticas propias da banca ética e o mutualismo no mercado de seguros.
A mutualidade, que identifica o seguro como un instrumento comunitario; a equidade, que garante o acceso universal a esta forma de financiamento; e a transparencia, que propón unha relación entre iguais son os tres alicerces do seguro ético.
Son a primeira corretaxe de seguros de Europa que dispón da certificación EthSI (Ethical and Solidarity Based Insurance) de calidade da xestión ética e solidaria.
Contacta
Se estás interesada, contacta coa Unión e te facilitaremos a “Guía” coas instruccións para darse de alta no Portal e deste xeito poder solicitar orzamentos, asesoramento sobre coberturas e características dos seguros ou facer comparativa de prezos daqueles seguros que teñades subscritos actualmente ou de calquera outro que teñades interese en coñecer.
Para dúbidas e consultas podedes poñervos en contacto coa Unión, ou directamente coa propia ARÇ.
Portal: http://espazocoop.arc.coop/