Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121
EspazoCoop - Espazo CoopRecomendación de obras literarias | Catro Ventos Editora, s. coop. galega - Espazo Coop

Directorio /  Recomendación de obras literarias | Catro Ventos Editora, s. coop. galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Recomendación de obras literarias | Catro Ventos Editora, s. coop. galega

18/10/2018

Recomendación de obras literarias | Catro Ventos Editora, s. coop. galega

Dende Catro Ventos Editora S. Coop. Galega, cooperativa que forma parte da unión, chéganos esta proposta na que nos recomendan os seus libros para o espazo da biblioteca (nas cooperativas de ensino en especial), e tamén para outras cooperativas asociadas a EspazoCoop, ás que Catro Ventos vos aplicaría un desconto pola vosa condición de asociadas.

Nas súas obras abordar temas como a ecoloxía, o consumo responsable, a economía social e os dereitos humanos, e aplican un enfoque divulgativo e actual. Os seus libros tratan estes temas con termos claros, facilmente comprensibles e, naturalmente, en galego. 

Se o profesorado dos colexios cooperativos estades a buscar un soporte educativo impreso, visualmente atractivo e sinxelo de comprender, recoméndanvos estas obras para as distintas etapas educativas:

 

Primaria:

· Así é a ditadura: libro ilustrado en que se explica aos nenos e ás nenas, de xeito sinxelo, claro e visual, en que consiste a ditadura, con temas como a liberdade de opinión, liberdade de prensa, igualdade social… 

· As mulleres e os homes: libro ilustrado para que as nenas e os nenos entendan que as mulleres e os homes son persoas iguais con sexo diferente.

ESO:

· Xuízo aos humanos: fábula divertida en que os animais someten o ser humano a xuízo. Trátanse temas como o benestar animal, a crise da biodiversidade e o coidado do medio natural.

 Bacharelato:

 · O libro dos océanos: libro de divulgación ilustrado co fin de que as mozas e os mozos comprendan e cuestionen a relación entre o ser humano e os ecosistemas mariños. Organízase derredor de cinco eixos temáticos: cambio climático, sobrepesca, biodiversidade, explotación industrial e contaminación.

 · Transición ecolóxica: manual de uso para tomar consciencia do impacto das nosas decisións de consumo sobre a natureza e os demais humanos. Fala do cambio climático, a banca ética, as formas de economía social, o consumo enerxético…

Na seguinte ligazón podedes consultar o seu catálogo e mesmo ver algunhas páxinas de cada un dos libros: http://catroventos.galPodedes adquirir as obras a través da súa páxima web na mesma ligazón. Por ser membros da Unión de Cooperativas EspazoCoop tedes un desconto do 5%, para aplicalo hai que utilizar un código, contacta con Catro Ventos – Alicia Rodríguez – e facilitarancho, tel.: 669 69 58 24 | mail: pedidos@catroventos.gal

 

Relacionado