Directorio /  Salimat: O Salón da Alimentación promocionará o Cooperativismo - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Salimat: O Salón da Alimentación promocionará o Cooperativismo

12/06/2015

Salimat: O Salón da Alimentación promocionará o Cooperativismo

Dentro de Salimat (o Salón da Alimentación do Atlántico), que se desenvolve no recinto da Semana Verde de Silleda, do 11 ao 14 de xuño, estará presente o Stand do Consello Galego de Cooperativas, xunto a un total de catorce cooperativas galegas que promocionarán os seus produtos. Entre as participantes está a cooperativa socia de Ugacota, Pulponor s. coop. galega, xunto a outras experiencias cooperativas con produto alimentario.

O Stand contará cun espazo destinado á Rede Eusumo (para o fomento do cooperativismo e a economía social). Os días 11 e 12 de xuño celébranse encontros internacionais de negocio.

E o venres día 12, ás 11 h. celébrase unha xornada técnica que versará sobre apertura de mercados por parte das cooperativas, e tamén se presentarán os resultados do Programa Coopera +, nesta xornada participará Ugacota.

 

 

Relacionado