Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121
EspazoCoop - Espazo CoopTemos a disposición 1.000 pantallas protectoras | Doazón da cooperativa MAIER | - Espazo Coop

Directorio /  Temos a disposición 1.000 pantallas protectoras | Doazón da cooperativa MAIER | - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Temos a disposición 1.000 pantallas protectoras | Doazón da cooperativa MAIER |

16/04/2020

Temos a disposición 1.000 pantallas protectoras | Doazón da cooperativa MAIER |

Temos a disposición 1.000 pantallas protectoras
| Doazón da cooperativa MAIER |

 

Prezadas/os cooperativistas:

Prácenos comunicarvos que grazas ao apoio mutuo, a solidariedade, e o traballo en equipo que caracteriza ao cooperativismo, temos a disposición ata 1.000 pantallas protectoras procedentes dunha doazón da nosa cooperativa socia Maier Ferroplast a través da súa matriz MAIER de Bizkaia, para facer fronte ao Covid-19 nos centros de traballo das cooperativas e entidades da economía social.

Desde a Unión de Cooperativas EspazoCoop estamos colaborando na coordinación dos pedidos e na loxística e tamén o fai a nosa cooperativa asociada Seragro (Ames), mediante a cesión do local para o material e a súa distribución.

A través desta comunicación queremos informarvos delo e recoller as necesidades e intereses que teñades as cooperativas socias. Precisamos saber o antes posible quen estaría interesada en contar con pantallas, a que sector pertence e que cantidade.

Terán preferencia as entidades que traballen nos sectores sanitario, da saúde, atención a persoas e/ou aqueles ámbitos de actividade de maior risco de contaxios.

Entidade ofertante: Unión de Cooperativas EspazoCoop, a través das cooperativas Maier Ferroplast s. coop. galega, e a súa matriz en Bizkaia MAIER.

Contacto:
Tino Gago Conde
Xerente da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop
606 707 100 – tino@espazo.coop

Tipo de material doado: 1.000 pantallas protectoras coas características que se especifican na imaxe.

A recollida e transporte por conta da-s entidade-s beneficiarias, indicando cantidade e entidade-s beneficiarias en Maier s. coop. Polígono Industrial Arabieta s/n. 48320, Guernika, Bizkaia.

Para solicitudes de pantallas e calquera dúbida contacta con nós.

Cordiais saúdos!.

Relacionado