debug-bar
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121machete
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 612122/09/2017
ENCONTRO DE NOSA ENERXÍA | SANTIAGO
Darse de alta é máis doado partillando
28/09/17 . De 18 – 22 horas
A cooperativa Nosa Enerxía realiza un convite ao Encontro de Nosa Enerxía que terá lugar o vindeiro Xoves 28 entre as 18:00 e as 22:00 no Salón Belvís do Hotel Virxe da Cerca – Santiago de Compostela.
Queren convidar a todas as persoas socias da localidade e a comarca para coñecerse e, de paso, traer xente interesada no proxecto ou que queira darse de alta en Nosa Enerxía para acceder a enerxía verde. O reto que se marcan é duplicar o número de cooperativistas en Compostela, que nestes momentos rolda as 50 persoas. Védevos capaces? Se cada unha trae unha persoa isto está feito, co positivo que pode resultar para o crecemento da cooperativa.
En todo momento estarán durante esas 4 horas persoas do Consello Reitor ca información e mesmo se poderán dar de alta de contratos e novas persoas socias alí, simplificando o proceso que viñan utilizando até o de agora.
Nosa Enerxía agarda poder contar contigo, falar da cooperativa e da situación do medio ambiente en Galicia e, de paso, axudar a que Nosa Enerxía dea un salto adiante no obxectivo de acadar un novo modelo enerxético máis xusto, democrático e sustentable.
Onde queda o Hotel Virxe da Cerca?, aquí te deixamos a dirección. O xeito máis cómodo de chegar ao Salón Belvís é pola Rúa das Trompas.